Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín organiza unha andaina solidaria en apoio a Cruz Vermella
O Concello de Verín organiza unha andaina solidaria en apoio a Cruz Vermella PDF Imprimir Correo-e
Luns, 12 Xuño 2023 11:44

O vindeiro domingo 18 de xuño, o Concello de Verín organiza unha andaina solidaria a favor de Cruz Vermella Verín. A finalidade desta iniciativa é axudar á entidade a recadar fondos para levar a cabo a súa labor social en favor dos colectivos máis desfavorecidos.


A andaina, de dificultade baixa, terá un percorrido de 10 quilómetros polo val do Támega, partindo da Praza da Mercé, ás 10:00 horas, e pasando polo Balneario de Cabreiroá ata chegar a Queizás, para logo continuar pola Ecovía do Támega.

As persoas interesadas en participar nesta acción solidaria terán que inscribirse previamente en Multisport Verín (tfno. 600 410 018). O custo da inscrición é de 7 euros e inclúe a entrega dun boleto para o sorteo do ouro de Cruz Vermella.

Nesta iniciativa colaboran tamén a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín, a Asociación Ruta das Augas e as empresas Multisport, Hortoverín e Cabreiroá.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>