Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Home
I Concurso Fotográfico ‘Recursos Históricos e Naturais da Eurocidade Chaves-Verín’ PDF Imprimir Correo-e
Venres, 04 Decembro 2009 13:35

A Eurocidade Chaves-Verín ven de promover o a primeira edición do Concurso Fotográfico ‘Recursos históricos e naturais da Eurocidade’, destinado aos/ás nenos/as e mozos/as de ambos municipios e co fin de incentivar a súa capacidade artística, o interese pola fotografía e a importancia dos recursos naturais, históricos e culturais de Chaves e Verín.

As bases para participar no concurso fotográfico ‘Recursos históricos e naturais da Eurocidade Chaves-Verín’ son as seguintes:

1º.- Obxectivo
Despertar o interese pola fotografía, e coñecer os recursos históricos e naturais de Chaves e Verín

2º.- Tema
O tema será libre, así coma os procedementos técnicos a empregar, debendo obedecer ao tema xenérico ‘Recursos históricos e naturais da Eurocidade Chaves-Verín’.

3º.- Destinatarios
Nenos/as e mozos/as con idades entre os 6 e 15 anos.

4º.- Traballos
Os traballos a concurso serán individuais. Non está permitida a fotografía manipulada. Os traballos poderán entregarse en papel fotográfico (20x15) ou en formato dixital a través dun CD. Cada participante poderá participar con tres exemplares.

5º.- Prazos e formas de entrega
Os traballos a concurso deberán entregarse no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade -Concello de Verín- e no Centro de Recursos Educativos de Chaves -Centro Cultural de Chaves-, ata o 16 abril de 2010, nun sobre pechado, onde no reverso de cada traballo ten que colocarse o título, pseudónimo co que participa (será o mesmo para todos os traballos), un segundo sobre, pechado, indicando no exterior o seudónimo do participante e no seu interior: nome completo, data de nacemento, enderezo e teléfono.

6º.- Premios
O vencedor/a recibirá unha cámara fotográfica como Premio polo seu traballo.

7º.- Xurado
O xurado será constituído por:
- Representante do Gabinete da Eurocidade Chaves-Verín
- Representante dos Colexios de Chaves
- Representante dos Colexios de Verín
- Representantes da Câmara Municipal de Chaves e Concello de Verín

8º.- Utilización dos traballos
Todos os traballos entregados pasarán a ser propiedade da Eurocidade, sen dereito a devolución por parte dos creadores dos mesmos nin dos Centros Escolares.

9º.- Resultados
Os resultados do Concurso serán publicados na Axenda cultural da Eurocidade correspondente ao mes de maio de 2010, indicándose igualmente o lugar e data da exposición de todos os traballos que terá lugar nos meses de maio e xuño do vindeiro ano, na Câmara Municipal de Chaves e Concello de Verín.

10º.- Decisións do Xurado
Todas as propostas deberán cumprir o procedemento indicado, en caso contrario serán eliminados do Concurso. As decisións do Xurado non poderán ser obxecto de recurso.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>