Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O FIC Vía XIV de Verín busca voluntarios para a súa VII edición
O FIC Vía XIV de Verín busca voluntarios para a súa VII edición PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Xuño 2022 12:34

 O FIC Vía XIV, que celebrará a súa sétima edición a primeiros de setembro en Verín, contará novamente coa colaboración de voluntarios para a súa posta en marcha. Todos aqueles que desexen cooperar na realización do certame de curtas poden poñerse en contacto coa organización a través dos seus datos de contacto (teléfono, enderezo electrónico ou redes sociais).



Estudantes de xornalismo, publicidade, deseño gráfico, imaxe e son e outros vinculados ao marketing dixital ou á creación de contidos de redes sociais, entre outras disciplinas, son algúns dos perfis que a organización do FIC Vía XIV procura para que se sumen á experiencia de realizar o festival dende dentro.

“Dende a nosa primeira edición contribuímos a xerar canteira”, destaca o diretor do certame, Carlos Montero. “Moitas das persoas que participaron como voluntarios no festival en anos anteriores están hoxe plenamente incorporados ao mercado laboral e amósanse especialmente satisfeitos de ter colaborado connosco”, engade.

Posibilidade aberta a todas as persoas

Porén, a posibilidade de colaborar como voluntario ou voluntaria no FIC Vía XIV tamén está aberta a outras persoas en xeral, alén do estudantado. Todos aqueles que queiran colaborar na experiencia poden inscribirse e “terán a oportunidade de traballar directamente con profesionais do sector audiovisual e participar activamente e in situ na produción integral dun certame cinematográfico consolidado na axenda de ocio e lecer de Verín”, afirma Montero.

Formulario de inscrición


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>