Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín acolleu unha xornada informativa sobre as axudas de GAIN para as empresas
Verín acolleu unha xornada informativa sobre as axudas de GAIN para as empresas PDF Imprimir Correo-e
Luns, 02 Maio 2022 15:27

 A Xunta de Galicia e a Confederación Empresarial de Ourense xunto con AEVER organizaron hoxe na Casa da Cultura do Concello de Verín unha xornada informativa destinada para presentar as novas axudas públicas Innova Peme e Deseña Peme da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás empresas.

Este encontro contou coas intervencións de Gerardo Seoane, Alcalde do Concello de Verín, Patricia Argerey, Directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), María Sol Novoa, Presidenta da CEO, a Directora da área de servizos de GAIN, Patricia Fernández, e a Técnica da área de servizos de GAIN, Patricia López.

Durante a xornada os asistentes tiveron a ocasión de trasladar as cuestións que consideraron de interese; así como de recibir asesoramento individual na sesión posterior de networking sobre innovación e a súa implantación na empresa.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>