Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín presenta o programa oficial do Lázaro 2022
O Concello de Verín presenta o programa oficial do Lázaro 2022 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 28 Marzo 2022 12:13

 O Concello de Verín presentou esta mañá o PROGRAMA OFICIAL DE ACTIVIDADES PARA O LAZARO 2022, que terá lugar os días 1, 2 e 3 de abril. Este ano, o ente municipal retoma a súa tradicional festa patronal ofrecendo un amplo abano de propostas enfocadas a todos os públicos.

Feira de Artesanía e alimentación, actuacións musicais, un paseo en bicicleta, natación, actividades de ocio para todas as idades, unha mostra de vehículos novos e de ocasión, menús especiais lázaro e os tradicionais actos relixiosos conforman a oferta preparada polo Concello de Verín para o próximo fin de semana.

A programación oficial foi presentada esta mañá no Salón de Actos da Casa da Cultura por Manuel Lorenzo, concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería e Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos.

«O Concello de Verín recupera o seu concepto de Lázaro Multicartel ofrecendo a veciños e visitantes unha completa fin de semana con máis dunha vintena de actividades,  distribuídas por toda a vila, para todos os segmentos de público e todas as idades», salientou Manuel Lorenzo.

Este ano, no eido dos deportes, celebraranse o sábado 2 de abril os seguintes eventos: as 10:30 horas, o Torneo das Escolas Deportivas de Natación na Piscina Climatizada de Verín coa (participan: Club Natación Verín, Piscina Climatizada de Allariz, Piscina Climatizada de Xinzo, Flavitus Nataçao Clube, Nataçao C. Chaves) e o partido de veteranos de fútbol entre o A.D. Veteranos Verín e o G.D. Chaves, no Complexo Deportivo de A Granxa, ás 17:00 horas. Tamén haberá un paseo en bicicleta pola ecovía do río Támega con saída desde a Alameda, ás 16:30 horas.

Por outra banda, durante os días 2 e 3 de abril – en horario de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h- haberá una completa feira de mostras de artesanía e alimentación, ubicada no Pavillón Municipal de Deportes de Verín e repleta de actividades variadas como obradoiros, cata e maridaxe de viños, sorteos, ambientación musical ou catas de produtos de alimentación.

Olaría, cestería, coiro, traballo en porcelana, cerámica decorativa, xoguetes de madeira, xoiaría de prata, traballos en fieltro, roupa artesá, coitelaría, cerámica, instrumentos musicais, xabóns artesanais, artigos personalizados, embutidos, queixos, doces, mel, patés, viños, crepes, anchoas, pan, licores, aceite, pulpo ou garrapiñadas serán algúns dos sectores e produtos que nos poderemos encontrar na feira. Ao igual que nas pasadas edicións, a D.O Monterrei estará presente co seu Túnel do Viño.

Non faltarán no Pavillón municipal un completo abano de propostas lúdicas e educativas infantís. Durante todo o horario de apertura da feira, habilitarase un espazo gratuíto, destinado aos máis cativos e cativas no que poderán levar a cabo distintas actividades e manualidades. Para complementar o programa, este ano volverá a asentarse na rúa Irmáns Moreno unha mostra de vehículos novos e de ocasión.

Debido o aforo limitado nos actividades ubicadas no pavillón, recoméndase realizar a inscrición durante a feira no stand da organización. As persoas inscritas nas actividades deberán estar no espazo dedicado as mesmas cunha antelación mínima de 5 minutos antes do comezo.

Segundo explicou a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza, no que actividades musicais e culturais se refire, manterase a liña de programación das anteriores edicións ofrecendo actuacións pensadas para todas os segmentos de público. «O que buscamos este ano, como se pode ver representado no noso cartel, é “ir abrindo a cremalleira”  co o firme obxectivo  de recuperar totalmente  a actividade cultural e festiva que nos caracterizaba antes da pandemia.»

Deste xeito, a programación musical arrinca o venres 1 de abril, ás 22:00 horas, coa actuación do grupo Assia na Praza García Barbón.

O sábado 2 de abril, ás 18:00 horas, a praza da Mercé será o escenario do primeiro torneo de Bandas de Música “Vila de Verín” coa participación da Banda de música de Rianxo, Agrupación Musical da Limia, Banda do Conservatorio Profesional de Música de Verín. Por outra banda, a Praza García Barbón acollerá a actuación do grupo América en dous pases. De 21:30 a 22:30h e de 23:30 a 1:30h.

O domingo 3 de abril, ás 18:00 horas, actuará a Agrupación de Música tradicional Galega Candaira na praza da Mercé e, para rematar -a partir das 20:30 horas- o grupo Fama pechará a programación musical do Lázaro na Praza García Barbón.

Por último, o domingo 3 de abril, ás 12:00 horas, celebrarase a tradicional misa do Lázaro na Igrexa Parroquial de Santa María a Maior. Ao rematar o acto relixioso haberá unha procesión ata San Lázaro.

PODESE DESCARGAR AQUI A PROGRAMACIÓN DO PROGRAMA OFICIAL DE ACTIVIDADES PARA O LAZARO 2022

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID Definitivo

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>