Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín proxecta desenvolver no Pozo do Demo o maior atractor turístico do sur de Galicia cos Next Generation
Verín proxecta desenvolver no Pozo do Demo o maior atractor turístico do sur de Galicia cos Next Generation PDF Imprimir Correo-e
Luns, 14 Febreiro 2022 13:58

 O Concello de Verín reordenará os recursos turísticos que encerra o Pozo do Demo desde unha nova e rompedora óptica: un Museo Natural ao aire libre fará visitables, mediante seis rutas temáticas, os inxentes recursos naturais, xeolóxicos, arqueolóxicos e históricos que aglutina esta paraxe tan querida en Verín. O plan prevé a recuperación de varios megalitos, así como a escavación completa do Bouzadoiro e do enclave no que os historiadores atoparon os restos do Castelo de Cabreira, así coma unha ruta especial dedicado á batalla contra as tropas de Napoleón en 1809.

“O Pozo do Demo é moito máis ca un enclave natural”, afirma o goberno municipal, como dixo don Xesús Taboada Chivite “é un panorama de tal grandeza cósmica que xustifica o respecto con que se mira aquela sima” cuxo entorno agacha numerosos secretos e tesouros naturais, arqueolóxicos e históricos. Para poñer en valor un total de seis rutas temáticas que sirvan para visitar este lugar de incomparable beleza,  o Concello de Verín presentará un ambicioso proxecto aos Fondos Next Generation da Unión Europea, coa finalidade de xenerar o maior atractor turístico no sur de Galicia. O goberno de Verín tamén procurará financiación ante outras administracións.

O Pozo do Demo atópase á beira da autovía A-52, a vía de entrada máis utilizada polos visitantes desde a Meseta, cunha media de 6.000 vehículos diarios, pero que en época turística chega aos 12.000-18.000, segundo os datos da DGT. A vista do cachón do Pozo do Demo domina visualmente o percorrido da A-52 ao seu paso por Verín, polo que a importancia da ordenación deste recurso é crucial para xenerar un atractor turístico que podería beneficiar fondamente á comarca do Támega. “Só con que o 10% dos viaxeiros que contemplan a garganta do Pozo do Demo ao seu paso pola autovía decidisen parar en Verín, poderíamos ter 1.800 visitantes ao día nas tempadas turísticas”.

O Pozo do Demo é un “kettle” ou marmitón erosivo que se taponou polos derrubes tras dun cachón nun dos afluentes secundarios do Támega. Pero a beleza do entorno rochoso, con varios centos de metros de caída, e a presencia dos restos dun castelo medieval, dun campo de megalitos, dunha vila romana e dunha xeoloxía, flora e fauna excepcionais fan da zona, segundo o documento base do Plan Director do Pozo do Demo “un megarrecurso turístico, unha zona dunha riqueza como atractor que ven delimitada pola súa riqueza natural e a súa visión desde a autovía A-52”.

Plan Director e axudas europeas

O aproveitamento turístico do entorno da Baixada de San Xosé e o regato das Quintas, co seu cachón e o seu campo megalítico, o seu castelo e o seu xacemento romano require un importante desenvolvemento turístico e de interpretación patrimonial. Un Plan Director recolle todas as actuacións a levar a cabo nos próximos anos para esta ambiciosa reordenación do recurso, moi apreciado xa desde antigo no imaxinario social de Verín, e importante fonte de recursos deportivos para sendeiristas e amantes da natureza en Monterrei.

“Agora trátase de darlle outra volta ao concepto”, afirman desde o goberno municipal, “e de ser un conxunto de enclaves queridos por todos, ímos  convertilo nun atractor turístico para meter a máis de 100.000 visitantes ao ano en Verín”, mediante un xigantesco Museo Natural ao aire libre e o aproveitamento “dunha das paisaxes de maior beleza da provincia, un balcón ao Val de Monterrei”.

Para elo, o Plan Director prevé unha serie de actuacións que reordenarán totalmente a faciana do Pozo do Demo. En primeiro lugar, xerarase unha nova centralidade do recurso, na parte frontal do cachón do regato das Quintas, para estruturar seis rutas -incluíndo unha de accesibilidade total, sen desnivel-   temáticos por áreas de interese: xeolóxico, megalítico, romano, medieval, flora e fauna e historia do evento de 1809, “todos eles de enorme interese e que están sen desenvolver, e ademais co atractivo dun roteiro para facer visitables os acantilados superiores”.

Observatorio xeolóxico comarcal

“A garganta do Pozo do Demo é un espello e un resumen da formación xeolóxica de Verín”, tal e como recolle o documento do Plan Director do Pozo do Demo, e polo tanto o entorno do Pozo do Demo é unha oportunidade única para explicar a xeoloxía da comarca, conformada a partires de fenómenos naturais únicos que son plenamente observables desde os seus altos. En primeiro lugar a erosión que encheu o val de Verín cos sedimentos de montañas da oroxenia Hercínica que, ao desfacerse e ser arrastradas polas augas -entre outras do cachón do Pozo do Demo- deron lugar á chaira de Verín.

Ademais, no espazo que ocupa o actual  banco-mirador do Pozo do Demo, dedicarase  un espazo de información á xeoloxía comarcal, desde o que interpretar os restantes fenómenos que deron orixe á configuración actual da comarca: o fenómeno termal, a partires da falla Regua-Verín (que pasa xusto por diante) un plegamento (sinclinal ou sinforme de Verín) e un cabalgamento (cabalgamento de Verín) tal e como recollen os estudos do xeólogo Pedro Farias Arquer  no seu libro “(“Geología de la región del sinforme de Verín”).

O Pozo do Demo, que técnicamente falando é unha “ola de xigante” ou fenómeno erosivo formado pola auga ao final dun cachón, producido pola auga e os elementos abrasivos que arrastra contra a pedra, conforma un gran oco, pulido e redondeado, ocluído por derrubles ciclópeos de granito. “O panorama ten tan grandeza cósmica”, escribiu Xesús Taboada Chivite en 1950, “que xustifica o respecto supersticioso co que se mira aquela sima onde o torrente espumoso afóndase con estrondo ensordecedor durante a invernada”.

Por se fora pouco, a espectacular paisaxe do Pozo do demo ten unha forte carga simbólica, que atraeu ao ser humano desde a noite dos tempos. Segundo recolle o Plan Director do Pozo do Demo, este fenómeno estendeu a mística relixiosa e a mitoloxía desde o neolítico ata os nosos días, coa presenza de moitos elementos líticos e de tres menhires ou pedrafitas únicos na Península (“Pedrafitas no contorno do Pozo do Demo, Rafa Castro, 2014”). A esto deben unirse os restos romanos do Bouzadoiro -que o plan prevé escavar completamente e poñer en valor) ao igual que os do castelo medieval de Cabreira.

“Megarrecurso” turístico

A espectacularidade do recurso e a súa envidiable situación para servir de base pedagóxica e divulgativa da natureza e a historia da súa contorna fan ao Pozo do Demo único no seu xénero: presenta a oportunidade de xenerar seis rutas interpretativas moi atractivas para divulgar os seguintes ítems:

 

• A xeoloxía da formación da rexión do sinforme (plegamento) de

Verín.

• Os monumentos megalíticos e petroglifos da Baixada de San Xosé.

• A pegada romana, co xacemento de O Bouzadoiro

• O castelo medieval de Cabreira, pendente de escavación arqueolóxica.

• As batallas da guerra napoleónica (accións de Ábedes e A Trepa do 6 de

marzo de 1809)

• As lendas e a mitoloxía popular, que provocaron una “febre do ouro” a

principios do século XX

• A flora e a fauna autóctonas

Estas seis rutas complementarán mediante a divulgación ambiental o uso do Pozo do Demo como zona de esparexemento e de paseo, que dea continuidade ao afecto popular que acumula no imaxinario de Verín, e que deu orixe desde finais do século XX  á organización de andaidas e roteiros deportivos oficiais como o trazado en 2005 do PRG 150, ruta oficial da Federación Galega de Montaña, actividades ambas que tiveron un enorme calado e o mérito de proxectar este recurso de gran interese.

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>