Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas CERTAME DE POESÍA XOSÉ CARLOS CANEIRO PÉREZ
CERTAME DE POESÍA XOSÉ CARLOS CANEIRO PÉREZ PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 30 Xaneiro 2022 10:44

Para fomentar a creatividade literaria das persoas que estudan nos centros de ensino da comarca, o Concello de Verín, coa colaboración de GADIS, convoca o Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez.




BASES:

1.ª Poderán participar persoas matriculadas en Primaria ( ou ),  ede ESO, de ESO en calquera dos centros da comarca de Verín.


2.ª O poema será orixinal e inédito, de tema e estilo libre; estará escrito en galego; presentarase cun pseudónimo e poderá levar “título”; e non superará os 24 versos. A persoa autora terá que concibilo para ser editado con caracteres tipográficos sobre un formato DINA4.


3.ª A fase de preselección realizarase segundo o criterio de cada centro participante, que poderá enviar á fase de selección un máximo de 3 poemas, creados por persoas distintas matriculadas no centro, en cada unha das tres categorías.


4.ª Os poemas preseleccionados en cada centro enviaranse a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , antes das 12 h do 6 de maio, en ficheiro en formato PDF que se denominará co PSEUDÓNIMO (utilizado pola persoa autora) seguido de _P56 (se é de Primaria), _E12 (1º e 2º de ESO) ou _E34 (3º e 4º de ESO).


5.ªXurado Cualificador estará composto por persoas con dereito a voz e voto, propostas pola Concellería de Cultura e Educación do Concello de Verín, e por un secretario, con voz e sen voto, que representará á organización. As súas decisións serán inapelábeis.


6.ª Todas as persoas autoras dos traballos finalistas recibirán un diploma e un lote de libros.


7.ª En cada unha das tres categorías entregaranse os seguintes premios: 90 euros ( premio), 60 euros ( premio) e 30 euros ( premio). De estimalo o Xurado, algún poderá quedar deserto.


8.ªConcello de Verín resérvase o dereito de publicación dos poemas premiados con dotación económica en calquera formato e sen límite de edicións. Para acreditar a orixinalidade e o feito de non estaren editados, as persoas autoras e as persoas titoras das mesmas asinarán unha declaración.

Os premios en metálico consideraranse compensación económica pola cesión de dereitos. De cada edición que se faga, as persoas autoras terán dereito a recibiren tres dos exemplares publicados.

9.ª Para incentivar a lectura e escritura en galego, a cada centro que presente tres traballos preseleccionados que cumpran con estas Bases entregaráselle un bono para adquisición de libros por importe de 60 euros en cada un dos niveis nos que participe na fase final.

10.ª organización resérvase o dereito de interpretar ou modificar estas Bases, informando aos centros participantes.


Verín, 30 de xaneiro (Día de Castelao) de 2022

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>