Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Concello e Coral de Verín renovan o seu convenio de colaboración
Concello e Coral de Verín renovan o seu convenio de colaboración PDF Imprimir Correo-e
Venres, 21 Xaneiro 2022 11:33

 O Concello de Verín e a Asociación Verinesa de Amigos da Música renovaron esta mañá o seu convenio de colaboración coa finalidade de garantir a continuidade deste tradicional colectivo musical de Verín.

No acto da firma do convenio, estiveron presentes o alcalde de Verín, Gerardo Seoane e a presidenta da Asociación Verinesa de Amigos da Música, María Coroa Meixeira Romasanta.

Segundo o citado convenio, o Concello de Verín realizará unha achega de 3.000 euros á Asociación Verinesa de Amigos da Música, a cal comprométese a realizar durante o ano 2022 seis actuacións do Coral de Verín. Estas deberán efectuarse dentro do termo municipal de Verín nas datas e lugares que lle propoña o ente municipal e que sexan de interese para ambas as partes asinantes deste convenio.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID Definitivo

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>