Pleno extraordinario: 23 de decembro de 2021 |
Xoves, 23 Decembro 2021 12:28 |
O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión extraordinaria na que se abordaron os seguintes puntos: 1. Aprobación da acta da sesión anterior. 2. Expediente 2295/2019. Cambio de representantes da corporación en consellos escolares. 3. Expediente 3560/2021. Subvención Escolas Deportivas Concello de Verín. Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión extraordinaria, o presidente, Gerardo Seoane, someteu a votación o cambio de representantes da corporación nos consellos escolares, quedando aprobado, por 11 votos (6 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular- nomear os seguintes intermediarios deste concello nos órganos colexiados aos seguintes concelleiros:
Consello escolar Colexio "Princesa de España": Titular: Diego Lourenzo Moura Suplente: Cándida Couñago Lara
Consello escolar colexio "Amaro Refojo" Titular: Cándida Couñago Lara Suplente: Diego Lourenzo Moura
Consello escolar Instituto de Educación secundaria "Xesús Taboada Chivite": Titular: rosario Rodríguez delgado suplente: Cándida Couñago Lara
Consello escolar instituto de Educación secundaria "García Barbón": titular: Diego Lourenzo Moura suplente: Rosario Rodríguez Delgado
Consello escolar instituto Educación Secundaria Castro de Baronceli: Titular: Diego Lourenzo Moura Suplente: Rosario Rodríguez Delgado
Consello escolar do colexio rural agrupado de Monterrei: Titular: Diego Lourenzo Moura Suplente: Rosario Rodríguez Delgado
Consello Escolar do Conservatorio Elemental de Música: titular: Emilia Somoza Basalo Suplente: Rosario Rodríguez Delgado
Comisión de Escolarización do Concello de Verín: Titular: Emilia Somoza Basalo
Mancomunidade de municipios da Comarca de Verín:
a) Representante nato na xunta de goberno e na asemblea comarcal da mancomunidade: Gerardo Seoane Fidalgo.
b) Representante na Asemblea Comarcal da Mancomunidade: Diego Lourenzo Moura.
Asociación de Desenvolvemento Comarca de Monterrei-Verín (adecomove) : Titular: Abelardo Meiriño Vieites Suplente: Julio Viéitez Pardellas
Comisión de seguimento do convenio coa Dirección Xeral do catastro: Gerardo Seoane fidalgo
Pleno do consorcio para o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento da comarca de Verín: Cándida Couñago Lara
Fundación de diminuídos psíquicos: Gerardo Seoane Fidalgo
Hospital de Verín: titular: Diego Lourenzo Moura Suplente: Eugenio Quintas Albores
Comité comarcal da Cruz Vermella - Monterrei: Titular: Eugenio Quintas Albores Suplente: Diego Lourenzo Moura
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade: Emilia Somoza Basalo
Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular: Titular: Gerardo Seoane Fidalgo Suplente: Diego Lourenzo Moura
Agrupación Europea De Cooperación Territorial Aedea: Gerardo Seoane Fidalgo
Asociación Ruta Do Viño Monterrei: Diego Lourenzo Moura
Agrupación Europea De Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín: Titular: Gerardo Seoane Fidalgo Suplente: Diego Lourenzo Moura
Rede De Dinamización Lingüística: Titular: Emilia Somoza Basalo Suplente: Diego Lourenzo Moura
Tamén se aprobou no pleno, por 11 votos (6 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular, conceder unha subvención polo importe total de 50.000 euros as “Escolas Deportivas Concello de Verín”.
|