Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Abre o prazo de inscrición do servizo de conciliación familiar “Ludonadal 2021/2022”
Abre o prazo de inscrición do servizo de conciliación familiar “Ludonadal 2021/2022” PDF Imprimir Correo-e
Luns, 29 Novembro 2021 11:37

XX O mércores 1 de decembro ábrese o prazo de inscrición do servizo de ludoteca “Ludonadal”, actividade organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín e destinada e dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. O obxectivo desta iniciativa e facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos menores un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.

O ‘Ludonadal’ realizarase no Pavillón de Deportes dende o día 22 de decembro ata o 7 de xaneiro; de luns a venres, de mañá e tarde, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. O prezo por utilizar este servizo completo (durante todos os días e horas) é de 50 euros. Se só se acude de mañá ou tarde, o prezo do servizo será de 30 euros. Tamén se poderá abonar o servizo por cada día utilizado, tendo un custo de 10 euros (día completo) ou de 5 euros (medio día).

O servizo de Ludonadal realizarase baixo as medidas de prevención e seguridade vixentes ditadas polas autoridades sanitarias coa finalidade de minimizar o risco de contaxio por Covid-19.

No marco do 'Ludonadal' terán lugar actividades variadas tales como: obradoiros para decoración de nadal (renos, pino, bonecos de neve, bolas de nadal, anxos, figuras dos reis...), elaboración dun agasallo para o amigo invisible, xogos de mesa tradicionais (parchís, oca, cartas, xogo da ra...), obradoiro de instrumentos de nadal (tambor, pandeireta, castañolas, maracas...), gran xogo do elfo prisioneiro, contos de Nadal, educando pola igualdade, Día dos Santiños Inocentes, festas prenoitevella e cotillón de noitevella, xincana San Silvestre, xogos inchables, chegada da paxe real para recoller as cartas para as súas maxestades, karaoke, e moitas máis...

Para máis información deben dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Casa da Xuventude, ou no teléfono 988-414776.



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID Definitivo

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>