Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Eurocidade Chaves-Verín mostra a súa riqueza patrimonial e termal ao Consello de Europa
A Eurocidade Chaves-Verín mostra a súa riqueza patrimonial e termal ao Consello de Europa PDF Imprimir Correo-e
Venres, 26 Novembro 2021 19:35

 A  Eurocidade Chaves-Verín, AECT como membro da Asociación Europea de Cidades Termais Históricas (siglas en inglés:  EHTTA https://ehtta.eu/portal/es/home-3/) recibiu os días 25 e 26 novembro a visita da Dra. Cristina  Farinha da  Universidade  do Porto, sendo designada para avaliar o Roteiro Termal e da auga Verín-Chaves-Vidago no ámbito do Itinerario Cultural Europeo do Consello de Europa que integran as cidades con Herdanza Termal en Europa, representadas pola  EHTTA.

A Dra. Cristina  Farinha estivo acompañada pola Directora Executiva da EHTTA, Simone  Zagrodnik e o Presidente do Comité Científico da  EHTTA, Mario Crecente. Por parte da Eurocidade Chaves-Verín, AECT estivo presente tamén o Delegado por Verín, Diego Lourenzo, e o equipo técnico da entidade transfronteiriza.

Onte, 25 de novembro, realizouse en Vidago: visitouse o patrimonio do  Vidago  Palace, o Posto de turismo e por último, o Balneario Pedagóxico de  Vidago. Hoxe, a visita transcorreu por Chaves e Verín. Visitáronse os principais puntos termais e históricos do territorio: as Termas de Chaves, O Museo Claustro Mercedario de Verín,  Caldeliñas e  Cabreiroá.

Durante o transcurso da visita, a delegación reuniuse cos diferentes responsables das instalacións termais e turísticas da Eurocidade.

Esta visita serve como mostra da importancia do complexo patrimonial termal da  Eurocidade e a súa importancia como Itinerario Cultural Europeo.

Ademais do Roteiro Termal e da auga, o patrimonio e a cultura de Chaves e Verín foron presentadas como parte importante deste Itinerario.



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID Definitivo

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>