Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Picasso, Dalí: última semana en Verín
Picasso, Dalí: última semana en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 29 Outubro 2021 11:50

 Máis de medio millar de persoas visitaron xa a mostra Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló, que clausurará o vindeiro venres día 5 a Sala de Exposicións de Verín.

Trinta e seis obras dos artistas máis destacados do século XX español compoñen esta exposición que está aberta para o público en xeral das 17 ás 21 h de luns a venres. Catro obras de Picasso, dúas de Dalí; creacións de Miró, Tapies ou dos galegos Luís Seoane e Maruja Mallo, entre outras sinaturas de relevo (Miguel Barceló, Equipo Crónica, Jorge Castillo…), ofrécennos unha selecta escolma do gravado español do século pasado.

A exposición, organizada por Afundación Obra Social ABANCA coa colaboración do Concello de Verín, é unha oportunidade para que a nosa comarca poida coñecer todas as variantes e linguaxes da arte do gravado. Desde as técnicas tradicionais da calcografía, a xilografía, a litografía e a serigrafía, á mestura das mesmas, á fusión con collages ou á creación de procedementos innovadores por algún dos autores seleccionados. Múltiple ofrécenos a multiplicidade de camiños que seguiron os artistas que levaron aos fogares das clases medias hispanas as estampas numeradas impresas nas series dos seus gravados, converténdoas en usuarias habituais das artes plásticas.

Unha  oportunidade en Verín a non perder para as persoas que queiran coñecer e gozar da “gran vía” da que se serviron os artistas desde a época renacentista para popularizar a arte entre a baixa nobreza, a burguesía emerxente e o clero máis abastado; un medio que actualmente tratan de facer accesible a toda a cidadanía.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID Definitivo

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>