Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín acolle o encontro de destacados gaiteiros da península ibérica a través do acontecemento “Piperegrinos”, promovido pola Xunta de Galicia
O Concello de Verín acolle o encontro de destacados gaiteiros da península ibérica a través do acontecemento “Piperegrinos”, promovido pola Xunta de Galicia PDF Imprimir Correo-e
Luns, 25 Outubro 2021 11:18

O Concello de Verín acollerá o vindeiro domingo 31 de outubro, ás 12:00 horas, a actuación musical “Piperegrinos”, un encontro de destacados gaiteiros de España e Portugal que actuarán en oito vilas galegas entre os días 23 e 31 de outubro.

Promovido pola Xunta de Galicia no marco da celebración do Xacobeo 2021-2022, trátase dun espectáculo musical itinerante que por primeira vez reúne no mesmo escenario a destacados gaiteiros da Península Ibérica cunha longa e recoñecida traxectoria artística profesional.

 “Piperegrinos, as gaitas do Camiño” resalta a importancia da gaita como instrumento representativo das culturas europeas ao tempo que invita aos espectadores a unha viaxe sonora a través das diferentes gaitas ibéricas, coas que representar o importante intercambio cultural que se produciu nos distintos camiños de peregrinación a Santiago.

Trátase ademais, dun espazo de difusión e posta en valor das diferentes gaitas ibéricas e dos seus repertorios nun formato actual achegado á música folk e dirixido a todos os públicos, no que tamén ten cabida o público especializado.

Neste sentido, este acontecemento situará a Galicia como punto de referencia do encontro e convivencia das gaitas ibéricas, que potencia a presenza de gaiteiros galegos e foráneos na escena musical do noso país e propicia sinerxías e alianzas para futuras colaboracións artísticas.

Artistas

O programa Piperegrinos incluirá a participación de 6 intérpretes de gaita que actuarán en formacións trío e dúo, coa participación de 17 músicos.

Os gaiteiros que intervirán neste acontecemento son: Francesc Sans, co instrumento sac de gemecs, de Catauña, acompañado de Manel Martorell, mandola, e Titus Prats, percusión; Adrián Gil, coa gaita de boto, dese Aragón, acompañado de Alberto Navas, violín, e Serchio Pardos, guitarra, percusión; José Manuel Tejedor, coa gaita asturiana, desde Asturias, acompañdo de Richard García, teclado, e Daniel Álvarez, bouzouki, bodhran; Luis Antonio Pedraza, con gaita sanabresa, desde Castela e León, acompañdo de Carlos Beceiro, guitarra, e Miguel Mateos, tambor sanabrés; Tiago Morais, intérprete da gaita mirandesa e gaita de sesimbra, desde Portugal, acompañado de Tiago Marques, acordeón e cavaquinho; e Oscar Ibáñez, gaita galega, de Galicia, acompañado por Xosé Li,- bouzouki- e Andrés Vilán – caixón-.

Programa

Por outra parte, o programa de actuacións será o seguinte, en horarios de mañá e tarde: 23 de outubro, 12.00 horas, na Praza do Curro de Noia, e 19.00 horas, no auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo; o día 24, ás 12.00 horas na Praza Maior de Ribadavia e ás 18.30 horas, no auditorio Valle Inclán, de Vilanova de Arousa; o día 30 de outubro, ás 12.00 horas na Praza do Concello de Cee e ás 19.00 horas no S.R. A Unión, de Sarria; e o día 31, ás 12.00 horas, na Praza García Barbón de Verín e ás 20.30 horas, no auditorio de Torroso, en Mos.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>