Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas “Kotodama”, o soño dun xoven actor de construír a primeira escola de teatro no rural galego
“Kotodama”, o soño dun xoven actor de construír a primeira escola de teatro no rural galego PDF Imprimir Correo-e
Martes, 19 Outubro 2021 11:32

 Hai 3 anos, un actor que acababa de diplomarse en Interpretación e Dirección de Escena non atopaba o seu sitio no complexo mundo da interpretación e decidiu tomar o seu propio camiño, probar sorte coa docencia.


Así nace o primeiro curso de interpretación teatral en Verín que xa leva 3 anos activo, con cada vez máis alumnado e máis repercusión. A pandemia non conseguiu frear estas xornadas formativas, que se adaptaron a nova normalidade ensinando as escenas dos seus alumnos e alumnas a través das redes sociais, así como realizando actuacións presenciais no propio Auditorio Municipal de Verín.

Santi Cañaveral deuse de conta da positividade e da gran oportunidade que isto significa tanto para el, como para seu alumnado e o seu pobo, polo que decidiu crear o seu grupo de teatro propio baixo o  nome “Kotodama”, coa intención de transformalo, nun futuro inmediato, na que será a primeira escola de teatro profesional do rural galego.

Kotodama é un proverbio xaponés que significa: espírito da linguaxe ou palabra da alma. Tanto a improvisación, coma a dirección ou a linguaxe corporal son teimas fundamentais nas clases de Santi Cañaveral, que resultan na deconstrución persoal de cada un dos seus alumnos e alumnas.

O grupo de teatro “Kotodama” continuará cas súas clases no Pavillón Municipal de Verín e con máis espectáculos e exercicios neste ano “post-pandemia”. Os interesados en inscribirse no curso de teatro poden facelo chamando ao teléfono 600 234 318.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>