Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O FIC Vía XIV acollerá a presentación da obra Son para Audiovisuais de Rafael Godás Ibáñez e Marco García Torres
O FIC Vía XIV acollerá a presentación da obra Son para Audiovisuais de Rafael Godás Ibáñez e Marco García Torres PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Setembro 2021 00:00

A VI edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Verín, FIC Vía XIV, acollerá como unha das súas actividades paralelas a presentación da obra Son para Audiovisuais, cuxos coautores son Marco García Torres e Rafael Godás Ibáñez, profesores na área da imaxe e do son. A publicación traslada aos lectores técnicas, trucos e exemplos de probada eficacia para que poidan empezar a crear bandas sonoras con resultados profesionais.


“A ligazón entre son e cinema ten un amplo percorrido e no noso Festival adoitamos dedicar a esta cuestión algunha das nosas actividades paralelas. Por iso, decidimos que esta obra se presente no marco do noso certame: como un xeito de seguir afondando na conexión entre ambos os eidos”, sinala Carlos Montero, director do FIC Vía XIV.

A publicación está editada por Altaria, unha editorial especializada en manuais técnicos para estudiantes de Formación Profesional. “O primeiro público obxectivo da obra é o dos estudantes”, sinala Godás Ibáñez porque “nós, os autores, somos profesores”. “Con esta presentación, a primeira que realizamos da obra, pretendemos ampliar o público ao que se dirixe a publicación e levala tamén ata posibles creadores”, engade.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>