Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A canteira do FIC Vía XIV dá froitos coa estrea de Capuchóns, un traballo de Íñigo Rolán Taboada
A canteira do FIC Vía XIV dá froitos coa estrea de Capuchóns, un traballo de Íñigo Rolán Taboada PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 08 Setembro 2021 18:26

 Hoxe estreouse no Auditorio de Verín Capuchóns, unha curta documental sobre o Entroido de Verín, dirixida por Íñigo Rolán Taboada como proxecto de fin de grao. Rolán Taboada é verinés e colaborou en diferentes edicións do FIC Vía XIV de Verín, o que evidencia que a canteira do certame comeza a dar os seus froitos.

Nesta peza, de 13 minutos, recupérase a través de imaxes de arquivo inéditas e testemuñas dos protagonistas do carnaval a esencia desta festa durante os anos 70, 80 e 90. A curta aborda unha época na que as celebracións mantiñan un carácter enxebre, na que a fariña estaba presente todos os días e na que as carrozas non lucían só o Domingo de Entroido. Un manifesto a prol da volta a unhas tradicións que se perderon desde hai moito anos debido á visión máis turística que colleu o Carnaval de Verín.

Tempo Documentary Festival

Xunto a isto, hoxe puido verse en Verín unha selección de curtas do Tempo Documentary Festival de Suecia, un foro cinematográfico que este ano é o festival convidado polo FIC Vía XIV. O certame escandinavo acadou neste 2021 a súa XXII edición e erixiuse, ao longo de todo este tempo, coma un foro único para a presentación de traballos documentais internacionais.

A selección de curtas deste festival sueco que puido verse en Verín incluíu os títulos A mother´s body; Between these folded walls, Utopia; Lihkku!; Obituary Voices of our time. Simón Revilla, director dunha destas curtas (Obituary) achegouse ata Verín para compartir co público aspectos da rodaxe da curta.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>