Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O exterior de Auditorio de Verín acollerá o concerto de Verto
O exterior de Auditorio de Verín acollerá o concerto de Verto PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 Agosto 2021 10:52

 O vindeiro martes, 7 de setembro, o dúo de pop moderno Verto actuará en Verín dentro da programación do Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV. A actuación terá lugar nas instalacións exteriores do Auditorio de Verín a partir das 22.30 horas.

O concerto contará cun estrito protocolo que garanta a seguridades do público e será preciso adquirir entrada previa, xa dispoñible a través de ataquilla.com.

VERTO son dous rapaces máis ou menos de Santiago que fan, antes ca nada, música Pop, da moderna, da de agora. Teñen influencias do trap e do R & B máis actual, pero miran con ansia cara a música dos 80.

Veñen de estrear “Embora”, un LP de 14 cancións nas cales fan gala da súa capacidade para crear himnos do pop electrónico para toda unha xeración de rapaces. Unha xeración que se acumula nunha media de 53.000 oíntes mensuaisen Spotify e que esgota entradasen cuestión de horas.Segundo eles mesmos din, non lles gusta tomarse tan en serio. Só queren facer música que lle faga bailar ós colegas. Só queren facer temazos con moito autotune e coa maxia que ten gravala na habitación de Fer, e con iso, ser capaces de chegar a todo o panorama estatal.

Emilia Somoza, concelleira de Cultura do Concello de Verín, destacou “a ilusión de poder escoitar en directo a un grupo referencia para a mocidade do país na nosa propia vila. Levabamos tempo intentando contar con eles e por fin poderemos gozar do seu “pop moderno con autotune”.

Este ano, o FIC Vía XIV contará con animacións musicais case diarias, ampliando así o espectro da súa programación. Ademais, contará cunha zona de gastronomía con foodtruck. “Cine,  música, fotografía, gastronomía... O FIC Vía XIV naceu para achegar cultura  a Verín. A semana do festival, do 4 ao 12 de setembro, queremos que sexan datas de abrir mentes, descubrir novos artistas e convivir de maneira orgánica entre ramas e estilos sen prexuizos”.

Entrradas: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/exterior-auditorio-de-verin/12494--verto.html

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>