Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Máis dunha trintena de curtas dunha ducia de nacionalidades participarán na VI edición do FIC Vía XIV de Verín
Máis dunha trintena de curtas dunha ducia de nacionalidades participarán na VI edición do FIC Vía XIV de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 26 Agosto 2021 12:52

 Máis dunha trintena de curtas de 12 nacionalidades diferentes exhibiranse este ano no Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, que foi presentado hoxe perante os medios de comunicación polo seu director, Carlos Montero, xunto á concelleira de Cultura de Verín, Emilia Somoza. O Festival desenvolverase na vila do Támega entre o 4 e o 12 de setembro e as curtas poderán verse, por vez primeira, online a través de festhome no enlace https://tv.festhome.com/festivaltv/fic-via-xiv.

As curtas que participan no concurso oficial (27 filmes) encádranse nas categorías habituais do certame: Horizontes, Outra Mirada, A Raia e Nova. Xunto a isto, poderá verse fóra de competición unha selección de curtas do Tempo Documentary Festival, un foro cinematográfico sueco que é o festival convidado nesta edición polo FIC Vía XIV de Verín.

No acto de presentación da programación do Festival de Curtas de Verín participaron o director do certame, Carlos Montero; a concelleira de Cultura de Verín, Emilia Somoza; o vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, César Fernánez; o director da Agadic, Jacobo Sutil e o alcalde da vila do Támega, Gerardo Seoane.

Na rolda de prensa de presentación aos medios, Jacobo Sutil sinalou que a Xunta de Galicia tenta “neste contexto tan complicado, corresponder ao esforzo que están a facer os principais festivais audiovisuais de Galicia para manter a súa celebración”. “Neste sentido -abondou- unha das medidas do plan autonómico do sector cultural foi o reforzo das subvencións a festivais profesionais de cinema”. Finalmente, engadiu que “un bo exemplo deste papel dinamizador dos festivais é o FIC Vía XIV de Verín”.

Pola súa banda, dende o Concello de Verín quixeron agradecer “o gran traballo e esforzo realizado polo equipo organizador do festival”. “Somos conscientes do complicado e inestable escenario ao que se expoñen os axentes culturais á hora de organizar un evento cultural en tempos de pandemia”, engadiu. Neste sentido, asegurou que “se debe e se pode seguir axudando aos profesionais nestes momentos difíciles”. Emilia Somoza, concelleira de Cultura, indicou tamén que se aproveitará o FIC para reprogramar un dos concertos que estaban axendados para a Feira do Viño de Monterrei, que tivo que ser cancelada por mor da pandemia. En concreto, o concerto de ”Verto Temazos”.

Ademais, entre as novidades deste ano destaca a proxección dunha película de Disney, Fantasía (do ano 1940), para o público familiar, que terá lugar na xornada do domingo 12 de setembro. No Festival Internacional de Curtas de Verín renderase, ademais, homenaxe a unha figura sobranceira do audiovisual ourensán como é o actor e comunicador Sergio Pazos.

Tierra de leche y miel

Xunto a isto, o FIC Vía XIV de Verín acollerá a preestrea en Galicia do documental Tierra de leche y miel, dirixido polo verinés Héctor Domínguez-Viguera xunto a Gonzalo Recio e Carlos Mora. Un traballo que gañou a sección DOC na 65 edición do festival Seminci de Valladolid e cuxo equipo directivo está moi ligado ao Festival Internacional de Curtas de Verín, que co seu patrocinio fixo posible a finalización deste documental.

No marco do FIC Vía XIV de Verín, ademais, impártese este ano un novidoso curso de guión audiovisual a cargo de Ángel Manzano, vicepresidente da Asociación Galega de Guionistas.

O FIC Vía XIV de Verín acollerá tamén unha presentación da webserie ourensá Os tempos mortos do fuhrer e a estrea do documental Capuchóns, realizado polo verinés Iñigo Rolán Taboada como traballo de fin de grao. A musicalización de cinema mudo en directo, a cargo do Casperverk Trío e a presentación do libro Son para audiovisuais, de Rafael Godás Ibáñez, protagonizarán tamén cadansúa actividade paralela no marco da vindeira edición do FIC.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PEID Caldeliñas

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>