Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Os empresarios de Verín presentan o seu plan de actuación 2021 na mesa de comercio local
Os empresarios de Verín presentan o seu plan de actuación 2021 na mesa de comercio local PDF Imprimir Correo-e
Venres, 13 Agosto 2021 12:08

 Esta mañá, a Casa do Concello de Verín acolleu a Mesa de Comercio Local coa finalidade de valorizar e promover o comercio de proximidade na vila.

A reunión estivo presidida polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane e estiveron presentes: María Isabel González, concelleira da área Comercio Local; José Ángel Rodicio e Santos Álvarez, xerente e presidente da Asociación de Comerciantes de Verín e Ariadna Gil, presidenta da Asociación de Mulleres  Rurais e de Consumo “O Recuncho”.

Durante a mesma presentouse o plan de actuación da Asociación de Empresarios de Verín para o ano 2021, co que se pretende dinamizar e promocionar o comercio local, fidelizar a clientela e potenciar a súa imaxe a través de diferentes accións online e offline.

Apoio ao comercio local

Desde o Concello de Verín, a través da área de Comercio, realizouse unha achega total de 15.000 no ano 2021 coa finalidade de  contribuír á execución do Proxecto de dinamización, promoción e fomento do comercio da vila de Verín promovido pola Asociación de Comerciantes  AEVER.

Devandita achega, explicou María Isabel González, concelleira de Comercio, «enmárcase dentro da estratexia municipal de dinamización do comercio local cuxo principal obxectivo é fomentar o consumo no pequeno comercio, algo que desde o grupo de goberno consideramos fundamental para reactivar a nosa economía».

Accións de Dinamización comercial, fidelización de clientes e redes de comunicación promovidas por AEVER no ano 2021: 

  • Black Friday
  • Campaña de Nadal 2020-2021.
  • Campaña de Concienciación Social.
  • Creación e posta en marcha de Market Place dixital.
  • Campaña de promoción Market place dixital.
  • Publicidade xeral: actualización mupis, Semana Santa, Carne Club fútbol Verín FC, guías informativas, xogo de mesa, xornal vivir e inverter, etc.
  • Campaña de promoción bonos activa comercio – Campaña da Xunta de Galicia.
  • Campaña de promoción outono-inverno.

 

 

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID Definitivo

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>