Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O FIC Vía XIV de Verín acolle a proxección da webserie os tempos mortos do Führer
O FIC Vía XIV de Verín acolle a proxección da webserie os tempos mortos do Führer PDF Imprimir Correo-e
Luns, 09 Agosto 2021 12:45

 A VI edición do FIC Vía XIV de Verín acollerá a proxección da webserie Os tempos mortos do Führer, un proxecto nado en Ourense e rodado en lingua galega, cuxo teaser foi filmado no Retiro do Conde, en Vilaza (Monterrei). A webserie pretende ofrecer respostas ao espectador, en clave de ficción, sobre todo aquilo que ocupaba a Hitler nos seus ratos libres máis íntimos.

Ao longo de dez capítulos de cinco minutos cada un, a webserie amosa a cara oculta do seu día a día, afondando nos seus enredos, problemas, risas e sentimientos cun tono de comedia e satírico.

Dende a produtora do proxecto, Conxuro Producións, considérase que o visionado desta webserie no FIC Vía XIV representa unha “ocasión idónea para dar visibilidade ao proxecto” dirixido por Daniel Rodríguez González e con guion a cargo de Diego Temes Garrido.

A webserie conta, ademais, coa presenza da xornalista de Verín, Esther Estévez, ben coñecida polo público por ser a presentadora do espazo da TVG, Dígocho eu.



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>