Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Capuchóns, unha curta documental que recupera a esencia do Entroido de Verín
Capuchóns, unha curta documental que recupera a esencia do Entroido de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 02 Agosto 2021 11:40

XX Durante a VI Edición do FIC Vía XIV, estrearase de xeito oficial Capuchóns, unha curta documental sobre o Entroido de Verín elaborada por Íñigo Rolán Taboada como traballo de fin de grao. Esta peza, de 13 minutos, recupera a través de imaxes de arquivo inéditas e testemuñas dos protagonistas do Entroido a esencia desta festa durante os anos 70, 80 e 90. A estrea contará coa participación do director da peza e das persoas que constitúen a voz en off deste documental.

A curta aborda unha época na que as celebracións mantiñan un carácter enxebre, na que a fariña estaba presente todos os días e na que as carrozas non lucían só o Domingo de Entroido. Un manifesto a prol da volta a unhas tradicións que se perderon desde hai moito anos debido á visión máis turístico que colleu o Carnaval de Verín.

Esta curta explica como se xestou o desfile de 1967, o primeiro organizado por unha comisión durante a ditadura franquista, momento no que todo tipo de festividade relacionada con Entroido estaba prohibida. E tamén amosa as rúas baleiras de Verín en febreiro de 2021, ano no que, por mor da Covid19, a mellor festa da vila non se puido celebrar.

Ademais, Rolán Taboada tamén elaborou un documental interactivo sobre o mesmo tema no que, a través das testemuñas dos mesmos protagonistas, o usuario ou usuaria poderá navegar a través das diferentes temáticas expostas no índice ao seu parecer. Unha forma de construír a historia que axudará as persoas que se afonden a coñecer a esencia do Entroido de Verín en todo o seu esplendor.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PEID Caldeliñas

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>