Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas ‘As árbores perdidas’ e ‘Persoas coma ti: Tres artes’ na Casa do Escudo de Verín
‘As árbores perdidas’ e ‘Persoas coma ti: Tres artes’ na Casa do Escudo de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 02 Novembro 2009 14:22

A Casa do Escudo de Verín acolle ata o próximo 12 de novembro, a exposición ‘As árbores Perdidas’, de Xosé Ramón Reigada.


Unha mostra, enmarcada no Outono Fotográfico, que recolle doce fotografías sobre o paisaxe cambiante da comarca de Monterrei. Árbores, montañas, núcleos de poboación e a auga dos ríos forman o fío condutor dunha viaxe pola natureza efémera desta comarca. Xosé Ramón Reigada (Castrelo de Abaixo -Riós-, 1971), naturalista e fotógrafo autodidacta, participa en diversos programas de conservación de fauna e xa exhibiu as súas fotos en numerosas exposicións colectivas.  

Por outra banda, desde o 3 ao 11 de novembro, a Asociación de Familiares de Enfermos Mentais Morea expón na Casa do Escudo a mostra ‘Persoas coma ti: Tres Artes’, que recolle o traballo artístico en pintura, escultura e fotografía de José Ramón Vázquez González, Juan Manuel Paz Gulías e os usuarios do Centro de Rehabilitación Piscosocial de Ourense.

Ambas exposicións poderanse visitar de luns a sábado, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>