Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Xa están dispoñibles os bonos da sexta edición do FIC Vía XIV e tamén o merchandising oficial do certame
Xa están dispoñibles os bonos da sexta edición do FIC Vía XIV e tamén o merchandising oficial do certame PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 29 Xullo 2021 12:39

 A VI edición do FIC Vía XIV de Verín, que se celebra entre o 4 e o 12 de setembro, continúa quentando motores. Xa están dispoñibles os bonos para acceder a toda a programación a concurso, cun custo de 20 euros. Os bonos poden mercarse na oficina de prensa do Concello de Verín en horario de mañá ou reservarse por vía whatsapp a través do 638 077 282.

Cada bono dá acceso a unha butaca exclusiva no Auditorio, que quedará reservada durante todo o festival, e posibilita un aforro económico en relación aos tiques individuais. O bono, que é nominativo e leva incorporado o nome e o DNI do seu dono ou dona, permite, pois, acceder a toda a programación do FIC Vía XIV de Verín, agás a gala final.

Xunto aos bonos, está xa dispoñible para mercar o merchandising oficial desta VI edición do certame. Esta é a listaxe de prezos de todo o material creado este ano para por en valor o FIC Vía XIV:

  1. BONO CATÁLOGO: 25 EUROS
  2. BONO BOLSA: 30 EUROS
  3. BONO MÁSCARA ou FUNDA PARA O MÓBIL: 25 EUROS
  4. BONO CATÁLOGO+BOLSA: 35 EUROS
  5. BONO CATÁLOGO+MÁSCARA ou FUNDA: 35 EUROS
  6. BONO+BOLSA+MÁSCARA ou FUNDA: 35 EUROS
  7. BONO CATÁLOGO+MÁSCARA ou FUNDA+BOLSA: 40 EUROS
  8. BONO CATÁLOGO+MÁSCARA+FUNDA+BOLSA: 45 EUROS

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PEID Caldeliñas

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>