Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A D.O Monterrei suspende a celebración da Feira do Viño 2021
A D.O Monterrei suspende a celebración da Feira do Viño 2021 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 23 Xullo 2021 11:42

O C.R.D.O. Monterrei, tendo en cuenta as circunstancias sanitarias actuais e o incremento de casos positivos de Covid-19 na comarca de Monterrei, suspende a celebración da tradicional Feira do Viño de Monterrei, prevista para o mes de agosto.
“Foi unha decisión moi meditada e estudada, valorando todos os pros e contras, e na que se contou coa opinión das adegas rexistradas e os vogais do Pleno”, manifesta a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva Rodríguez, “así como tamén co Concello de Verín, que como sabe, é o noso principal colaborador”
“Levamos moito tempo traballando na organización da feira, desde o espazo, localización das casetas, control de aforos ou aplicación de directrices sanitarias, etc.; e aínda que a todos nos entristece tomar esta decisión, consideramos que é a máis correcta para protexer a saúde dos nosos veciños, e evitar así a propagación do COVID-19 na comarca”, indica a presidenta.
Así mesmo, Da Silva engade que “hai xa días que nos atopamos con datos pouco alentadores na zona, e por iso debemos facer un exercicio de responsabilidade e empatía. Primeiro, un exercicio de responsabilidade para coa sanidade pública, e segundo, un exercicio de empatía co sector hostaleiro da comarca. O noso produto depende en boa parte da actividade económica do sector hostaleiro en xeral, e desde logo, non sería pola nosa banda nada coherente e elegante, organizar un evento que, poida ser sinalado, sendo certo ou non, como a causa de futuros contagios. E que sirva para que se volva a poñer en dúbida a actividade económica de devanditos profesionais, provocando medidas máis restritivas, e castigando de novo a un sector, neste caso o da comarca, que como todos sabemos, xa se viu fortemente castigado pola pandemia”.
“Esperamos poder retomar a celebración da feira o próximo ano, xa que se trata dun dos eventos máis significativo e con maior carga emocional da nosa denominación, debido a que participan man a man adegas, viticultores e o propio consumidor, e o que supón unha cita enoturística fundamental para a comarca”, conclúe a presidenta. “Pero hoxe, e a pesar de que todos queremos volver á ansiada normalidade, debemos ser prudentes e actuar con ‘ sentidiño’, para manter polo menos o que conquistamos.”
No caso de que se programe algunha actividade alternativa comunicarase, nas próximas datas, a través dos medios oficiais do C.R.D.O. Monterrei.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PEID Caldeliñas

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>