Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Mesa informativa sobre o Plan de Programación do Tempo na Cidade
Mesa informativa sobre o Plan de Programación do Tempo na Cidade PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 31 Outubro 2009 17:31

A Casa da Cultura de Verín acollerá o próximo 4 de novembro, a partir das 20 horas, a realización da primeira mesa informativa sobre o Plan de Programación do Tempo na Cidade, organizado polo Concello de Verín en colaboración con Femuro (Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense).  

O Plan de Programación do Tempo na Cidade é unha das medidas de conciliación previstas na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia e no Decreto 182/2008, do 31 xullo, polo que se establece a promoción autonómica das medidas municipais de conciliación. Unha iniciativa, que dende unha perspectiva comunitaria, presenta numerosos vantaxes tanto a nivel individual como social, xa que pretende favorecer a coordinación dos horarios do municipio -servizos públicos, comercios, actividades culturais, sociais ou de ocio, entre outras- coas necesidades persoais, familiares e laborais do conxunto da cidadanía.

A mesa informativa, na que se exporán o plan e exemplos de medidas de conciliación, están convocados todos os entes sociais do municipio de Verín.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>