Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Xunta de Galicia destina máis de 4,5 millóns de euros aos parques empresariais de Tamagos e Pazos
A Xunta de Galicia destina máis de 4,5 millóns de euros aos parques empresariais de Tamagos e Pazos PDF Imprimir Correo-e
Venres, 23 Outubro 2009 12:50

Nos orzamentos da Xunta de Galicia, para o próximo ano 2010, figuran recollidas dúas importantes actuacións de desenvolvemento de solo empresarial a executar en Verín.

Deste xeito, nos orzamentos do Instituto Galego da Vivenda e Solo para o ano 2010, na aplicación orzamentaria 605.0 do seu programa de gasto 451.A, aparece recollida unha partida de 2.442.521 euros asignados ao desenvolvemento do parque empresarial de Tamagos, e un total de 2.332.230,10 euros para o de Pazos.

Un orzamento logrado grazas as numerosas xestións realizadas, nos últimos meses, polo rexedor local, Juan Manuel Jiménez Morán, xa que “o anterior goberno bipartito da Xunta no deixara partida para continuar co desenvolvemento de ambos parque empresariais en Verín”; e que foi garantido por Agustín Hernández, actual conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, nunha reunión en Verín cos diferentes responsables das asociacións empresariais da comarca. Así mesmo, “desde a chegada do Partido Popular ao goberno autonómico intensificáronse as reunións con distintos organismos sectoriais, como a Confederación Hidrográfica do Douro, Estrada do Estado ou o Ministerio de Industria, para promover a aprobación de informes que permitan a construción, dun xeito rápido e eficaz, do parque industrial de Tamagos e ampliación do de Pazos”, asegura Jiménez Morán. “Unha ampliación”, a deste último, “que se perdeu debido a nefasta xestión do anterior grupo de goberno tripartito en Verín”, indica o rexedor, “e que ocasionou que nestes momentos en Verín no exista un metro de solo industrial, xa que durante tres anos non foron capaces de facer nada e por enriba deixaron perder o que estaba concedido”.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>