Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Mellora do sistema de iluminación no barrio Primeiro de Maio e implantación do sistema de aforro enerxético
Mellora do sistema de iluminación no barrio Primeiro de Maio e implantación do sistema de aforro enerxético PDF Imprimir Correo-e
Venres, 23 Outubro 2009 12:49

O Concello de Verín inicia as obras de mellora do sistema de iluminación e implantación do sistema ComputerCraft para o aforro enerxético no barrio Primeiro de Maio.

Esta actuación, tal e como se lle prometera dende o grupo de goberno aos veciños deste barrio verinense, permitirá substituír 81 puntos de luz actuais, “que se atopaban deteriorados e que non se modificarán dende a construción destas vivendas”, tal e como recoñece o rexedor, Juan Manuel Jiménez Morán. Con todo, a implantación deste sistema de iluminación permitirá “non só mellorar a calidade e optimizar o alumeado no barrio Primeiro de Maio, como xa se fixo noutras zonas de Verín, senón tamén reducir o importe da factura eléctrica do Concello de Verín, continuando coa nosa política de aforro posta en funcionamento desde o inicio desta lexislatura, e que xa nos permitiu recoñecer facturas impagadas do anterior grupo de goberno”. A implantación do sistema ComputerCraft de Esinor permite o aforro de ata un 60% de enerxía na rede de alumeado público, a existencia de control remoto de cada un dos puntos de luz dende un ordenador -utilizando tecnoloxías móbiles de comunicacións-, coñecer o estado de funcionamento de cada un dos puntos de luz -de forma remota- e detectar de forma anticipada e remota as avarías na rede de alumeado.

A realización destas obras de mellora revela “a preocupación deste Concello polos veciños e veciñas do barrio Primeiro de Maio”, situado onde o Hospital Comarcal de Verín, “no que xa se realizaron numerosas actuacións para promover a mellora de infraestruturas de saneamento e abastecemento, así como a construción dun parque infantil para os nenos e nenas da zona”, asegura Jiménez Morán.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>