Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Concesión dun obradoiro de emprego para a formación de 26 persoas en Verín
Concesión dun obradoiro de emprego para a formación de 26 persoas en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 23 Outubro 2009 12:49

A Consellería de Traballo e Benestar concedeu ao Concello de Verín un obradoiro para a formación de 26 persoas paradas do municipio.

Este obradoiro, dun ano de duración, ten por obxecto a inserción laboral de traballadores desempregados maiores de 25 anos nas seguintes especialidades: xardinería, restauración de áreas degradadas -para a rehabilitación das áreas recreativas de río de Vilela, Fonte de Madoiras, Piscinas Municipais, río de Pazos, xardín de Sousas, río de Queizás e Fonte do Sapo- e axuda a domicilio.  Ademais, este obradoiro conta cunha importante particularidade: o 50% das prazas ofertadas están destinadas a persoas discapacitadas, aínda que perfectamente capacitadas para o desenvolvemento dun traballo, presentan unha maior dificultade para a súa integración no mundo laboral. Para este fin, asinouse un convenio de colaboración coa Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI), sendo o obxectivo final deste obradoiro a posta en marcha dun Centro Especial de Emprego, para proporcionarlle ás persoas con discapacidade a realización dun traballo produtivo e remunerado, adecuado ás súas características, e facilitándolle desta forma a súa integración no mundo laboral.

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, agradeceu á Consellería de Traballo e Benestar a concesión de devandito obradoiro, “xa que levamos agardando pola súa concesión máis de dous anos, nos que se nos discriminou por parte do anterior goberno da Xunta de Galicia, xa que inxustamente non nos concederon nin un só obradoiro formativo para Verín, de todos aos que optamos”. “Unha situación inxusta que solventou o actual goberno autonómico actual, xa que só cunha petición logramos que nos concedesen un obradoiro que formará a persoas en paro en campos tan diferentes como xardinería ou axuda a domicilio, moi demandada polo incremento de persoas dependentes”, asegura o rexedor.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>