Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín convoca os Certames “Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez” e “Relato Curto Antonio Fernández Pérez” para celebrar o día das Letras Galegas
O Concello de Verín convoca os Certames “Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez” e “Relato Curto Antonio Fernández Pérez” para celebrar o día das Letras Galegas PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 18 Marzo 2021 11:00

 Co fin de fomentar a creatividade literaria dos estudantes dos centros de ensino da comarca, o Concello de Verín convoca, coa colaboración de Gadis, o Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez. que terá lugar no Auditorio Municipal de Verín o día 17 de maio con motivo do Día das Letras Galegas.


Bases do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez.

 

1.ª Poderán participar persoas matriculadas en Primaria (5º ou 6ª), 1º ciclo de ESO2º ciclo de ESO en calquera dos centros docentes da comarca de Verín.

2. ª relato será orixinal, inédito, con temática libre, escrito en galego, presentarase cun título e un lema e a extensión non superará os 5500 caracteres (2 DIN A4, escritos por unha cara, con tipo Times New Roman de corpo 12,  marxes estándar (2 cm) e un entreliñado de espazo e medio).

3.ª A fase de preselección realizarase segundo o criterio de cada centro participante, que poderá enviar á fase de selección unmáximo de 3 relatos, creados por persoas distintas matriculadas no centro, en cada unha das tres categorías.

4.ª Os relatos  preseleccionados en cada centro enviaranse a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo antes das 12 h do 7 de maio, en ficheiros abertos que se denominarán co LEMA_ seguido de P, E1 ou E2, segundo o nivel no que concursarán [Primaria, 1º ciclo de ESO ou 2º ciclo de ESO]).

5.ªXurado Cualificador estará composto por persoas con dereito a voz e voto, propostas pola Concellería de Cultura e Educación do Concello de Verín, e por un secretario, con voz e sen voto, que representará á organización. As súas decisións serán inapelábeis.

6.ª Todas as persoas autoras dos traballos finalistas recibirán un diploma e un lote de libros.

7.ª En cada unha das tres categorías entregaranse os seguintes premios: 90 euros (1º premio)60 euros (2º premio) e 30 euros (3º premio). De estimalo o Xurado, algún poderá quedar deserto.

8.ªConcello de Verín resérvase o dereito de publicación dos relatos premiados con dotación económica en calquera formato e sen límite de edicións. Para acreditar a orixinalidade e o feito de non estaren editados, as persoas autoras e as persoas titoras das mesmas asinarán unha declaración. Os premios en metálico consideraranse compensación económica pola cesión de dereitos. De cada edición que se faga, as persoas autoras terán dereito a recibiren seis dos exemplares publicados.

A organización resérvase o dereito de interpretar ou modificar estas Bases, informando aos centros.


Bases do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez

1.ª Poderán participar persoas matriculadas en Primaria (5º ou 6ª), 1º ciclo de ESO2º ciclo de ESO en calquera dos centros docentes da comarca de Verín.

2.ª O poema será orixinal e inédito, de temática e estilo libre; estará escrito en galego; presentarase cun título e un lemanon superará os 24 versos de extensión. A persoa autora terá que concibilo para ser editado con caracteres tipográficos sobre un formato DINA4.

3.ª A fase de preselección realizarase segundo o criterio de cada centro participante, que poderá enviar á fase de selección unmáximo de 3 poemas, creados por persoas distintas matriculadas no centro, en cada unha das tres categorías.

4.ª Os poemas preseleccionados en cada centro enviaranse a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo antes das 12 h do 7 de maio, en ficheiros abertos que se denominarán co LEMA_ seguido de P, E1 ou E2, segundo o nivel no que concursarán [Primaria, 1º ciclo de ESO ou 2º ciclo de ESO]).

5.ªXurado Cualificador estará composto por persoas con dereito a voz e voto, propostas pola  Concellería de Cultura e Educación do Concello de Verín, e por un secretario, con voz e sen voto, que representará á organización. As súas decisións serán inapelábeis.

6.ª Todas as persoas autoras dos traballos finalistas recibirán un diploma e un lote de libros.

7.ª En cada unha das tres categorías entregaranse os seguintes premios: 90 euros (1º premio)60 euros (2º premio) e 30 euros (3º premio). De estimalo o Xurado, algún poderá quedar deserto.

8.ªConcello de Verín resérvase o dereito de publicación dos relatos premiados con dotación económica en calquera formato e sen límite de edicións. Para acreditar a orixinalidade e o feito de non estaren editados, as persoas autoras e as persoas titoras das mesmas asinarán unha declaración. Os premios en metálico consideraranse compensación económica pola cesión de dereitos. De cada edición que se faga, as persoas autoras terán dereito a recibiren seis dos exemplares publicados.

A organización resérvase o dereito de interpretar ou modificar estas Bases, informando aos centros.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>