Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O pleno de Verín aproba definitivamente o novo Instrumento de Ordenación Provisional Urbanística
O pleno de Verín aproba definitivamente o novo Instrumento de Ordenación Provisional Urbanística PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 18 Febreiro 2021 12:53

O Concello de Verín vén de aprobar en pleno ordinario, cos votos a favor do PSdeG-PSOE e BNG e a abstención do Partido Popular, o novo Instrumento de Ordenación Provisional  Urbanística ( IOP), cuxa finalidade é dotar de  seguridade xurídica urbanística a toda aquelas persoas que queiran desenvolver proxectos en Verín, fortalecendo o desenvolvemento económico e social da vila  nos próximos anos.


O actual goberno municipal do Concello de Verín decidiu tramitar medidas provisionais de ordenación urbanística unha vez que o Tribunal Supremo declarou a nulidade do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín do ano 2012 por sentenza firme no ano 2017. Entre as diferentes consecuencias xurídicas derivadas da declaración de nulidade do PXOM de Verín do 2012, destaca sobre todo que retoma como normativa urbanística municipal as Normas Subsidiarias de Planeamento do ano 1986.

«Todo o mundo estará de acordo en que as normas subsidiarias do planeamento urbanístico do ano 1986 non responden nin o actual modelo de vila nin ás necesidades urbanísticas existentes hoxe. Aplicar hoxe, no ano 2021, esta normativa resulta incompatible con lograr os obxectivos de benestar económico que deben impulsar as actuacións públicas deste concello», explicaron dende o executivo municipal.

Así mesmo, o IOP impulsado polo goberno municipal cumpre rigorosamente o disposto na Lei 2/2017 do 8 de febreiro, de Medidas Fiscais, Administrativas e de Ordenación (LMFAO)  e que se limita a recuperar o solo urbano consolidado da vila de Verín e o solo de núcleo rural dos distintos pobos, tal e como aparecían no PXOM 2012.

 
EBC


Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>