Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas José Manuel Ferreira Colmenero, representante da selección española no X Campionato do Mundo de Wu-Shu
José Manuel Ferreira Colmenero, representante da selección española no X Campionato do Mundo de Wu-Shu PDF Imprimir Correo-e
Venres, 09 Outubro 2009 15:25

A Casa do Concello de Verín acolleu esta mañá a presentación de José Manuel Ferreira Colmenero como representante da selección española no X Campionato do Mundo de Wu-Shu, que se celebrará en Toronto (Canadá) durante os días 24 e 29 outubro.

Neste acto, no que participaron José Gago Garrido, director nacional do departamento de Wu-Shu, Manuel Otero Martínez, profesor do deportista, Juan Manuel Jiménez Morán, alcalde de Verín, e Víctor Manuel Baladrón Lamas, concelleiro de Deportes, recoñeceuse “a valía deportiva e humana deste mozo verinense, que se iniciou nesta práctica deportiva a idade de cinco anos chegando a alcanzar, nos últimos anos, os campionatos de España en categoría absoluta e o subcampionato de Europa”, segundo puntualizou o rexedor de Verín. “Unha excelencia deportiva que o convirte en integrante fundamental das seleccións galega e española e nun referente para todos os mozos e mozas deste municipio”, recoñece Jiménez Morán, e engade que “por este motivo, desde o Concello de Verín queremos continuar apoiando aos deportistas da localidade, social e economicamente, e potenciar o deporte de base que formará aos adultos do mañá”.

No X Campionato do Mundo de Wu-Shu soamente participarán dous representantes españois, Noah Barros e o verinense José Manuel Ferreira, que competirá nas especialidades de Nan Quan, Nan Gun e Nan Dao; mentres que Noah Barros realizará as de Chang Quan, Dao Shu e Gun Shu.

José Manuel Ferreira Colmenero é a primeira vez que representa a España nun campionato mundial, no que participan un total de 85 países e aproximadamente 1.500 atletas. Este competidor, cinturón negro de Wu-Shu e galardoado recentemente como ‘Mellor Deportista do Ano” pola Real Federación de Judo e Deportes Asociados,  acadou nos últimos anos diferentes trofeos a nivel provincial, rexional, nacional e internacional como: Campionato Internacional Cidade de Ourense (2006, 2007 e 2008), Campionato Galego Absoluto (2007, 2008 e 2009), Campionato de España Absoluto (2006, 2007, 2008 e 2009) e o Subcampionato de Europa Absoluto (2008), entre outros.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>