Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Pleno extraordinario Urxente
Pleno extraordinario Urxente PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 25 Novembro 2020 15:54

O salón de plenos do Concello de Verín acolleu hoxe, 31 de outubro, unha sesión extraordinaria urxente na que se abordaron os seguintes puntos:




ç

RATIFICACIÓN DA URXENCIA DA CONVOCATORIA

2. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN  EXTRAORDINARIA DE DATA

21.10.2019

3. Expediente 3812/2019. APROBACIÓN DA CONTA XERAL DO ORZAMENTO 2017

4. Expediente 4239/2019. Modificación de Crédito

5. Expediente 4479/2019. Modificación de Crédito



No referente a ratificación da urxencia da convocatoria, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, explicou que  esta debeuse a necesidade de cumprimento de tres compromisos ineludibles: «a urxente resposta a un requirimento da Confederación Hidrográfica del Duero; a finalización da  operación de tesourería que temos subscrita e que, debido aos proxectos do IDAE, hai que renovar; e a necesidade de facer unha modificación de crédito para evitar o que pasou en anos anteriores, quedando os remanentes sen gastar e as facturas pasando á conta de Acredores por operacións pendentes de aplicar a orzamento».

Tras anunciar que votarían en contra da urxencia da convocatoria debido a que recibiron a mesma «sobre as 7 da tarde para unha sesión, hoxe, ás 9.30 horas» e que, ademais, non puideron acceder a información con tempo suficiente para analizala, os concelleiros do Partido Popular procederon a abandonar a sesión polo que consideran «unha falta de respecto».

Ante isto, Diego Lourenzo Moura, voceiro do goberno,  quixo aclarar que «o voceiro do Partido Popular esta a contradicirse ao alegar que non tivo acceso aos expedientes xa que na súa intervención fai referencia aos documentos obrantes nestes expedientes.»

O presidente someteu a votación a urxencia da convocatoria, sendo ratificada por unanimidade dos membros presentes (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG).

Tras aprobar o pleno a acta da sesión ordinaria de data 11/11/2020, por unanimidade dos membros presentes (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG), aprobouse -tamén por unanimidade- o compromiso de execución do proxecto de mellora da EDAR de Verín, que consistirá na substitución do colector principal do tramo norte -nunha lonxitude de 1 quilómetro e 400 metros- por un colector novo estanco e a construción dunha depuradora nova no matadoiro municipal. Para esta actuación, que se realizará no ano 2021, o Concello de Verín ten prevista unha inversión total de 260.000 euros.

Tamén por unanimidade foi aprobada a Operación de Crédito a curto prazo 2/2020, por importe total de 2.611.348,42 euros, destinada a equilibrar os ingresos que se van recibindo ao longo de ano. «Ademais» -explicou Gerardo Seoane- «hai tres proxectos IDAE, subvencionados polo estado, dos que faltan os cartos por recibir. Todo isto suma o importe total da operación de crédito a solicitar.»

Por último, someteuse a votación a aprobación do expediente de modificación de créditos mediante transferencias de crédito entre partidas de gastos do orzamento do ano 2020, por importe total de 2.205.587,43 euros, quedando tamén aprobado polo acordo unánime de todos os concelleiros presentes. «Unha vez que xa está case rematado o exercicio orzamentario do ano 2020 se estivo revisando todas as partidas do orzamento de gastos do ano 2020 e se comprobou que de algunhas partidas existen remanentes de crédito que non se necesitarán utilizar neste 2020 e que sen embargo hai outras partidas de crédito na que os remanentes actuais xa están en negativo.», finalizou Diego Lourenzo, responsable da área de Facenda.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>