Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas ACTUALIZACIÓN | A Consellería de Sanidade alivia as restricións en Verín, pasando a nivel 2
ACTUALIZACIÓN | A Consellería de Sanidade alivia as restricións en Verín, pasando a nivel 2 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 24 Novembro 2020 22:03

 O comité clínico de expertos que fai seguimento á evolución da covid-19 en Galicia acaba de levantar as restricións especiais en Verín.

Isto quere dicir que, a partir do xoves ás 00:00 horas volven a rexer as medidas de nivel 2.



¿Que supón o nivel 2? 

SUPRÍMESE o peche perimetral.


REUNIÓNS limitadas a 6 persoas máximo de persoas non covivientes


AFOROS:  comercios, lugares de culto e restaurantes do 50%.

 

HOSTALERÍA

  • Poderán reabrir o interior dos seus locais, pero co seu aforo á metade, e as terrazas, cun 75 % da súa ocupación.
  • Prohibido consumir nas barras dos bares.

 

VELATORIOS E ENTERROS:

  • Interiores: máximo 10 persoas
  • Exteriores: máximo 25 persoas

 

EVENTOS DEPORTIVOS:

  • Aire libre: ata 150 persoas
  • Espazos cubertos: ata 60.

 

ESPECTÁCULOS, TEATRO E CINE

  • Interiores: ata 60
  • Aire libre: ata 150

 

TOQUE DE QUEDA: entre as 23:00 e as 6:00 horas.

 

Estas medidas publicaranse mañá no Diario Oficial de Galicia, momento no que ampliaremos información.


Agora máis que nunca, dende o Concello de Verín pedimos responsabilidade e #sentidiño a todos os veciños e veciñas. Está nas nosas mans.

#FainoPorTi #fainoportodos


Lembra a norma das 6 M

•          1 Máscara. Uso de máscara todo o tempo posible.

•          2 Mans. Lavado de mans frecuente.

•          3 Metros. Mantemento da distancia física de máis de 1,5 metros.

•          4 Maximizar ventilación e actividades ao aire libre. Manter as xanelas e portas abertas na medida en que sexa seguro e factible segundo a temperatura.

•          5 Minimizar o número de contactos, preferiblemente sempre os mesmos.

•          6 QuédoMe na casa se teño síntomas, diagnóstico ou contacto.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
EBC


Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>