Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Fundación Juana de Vega lanza o programa de apoio a emprendedores e empresas do sector agroalimentario, forestal, marisqueiro e pesqueiro galego
A Fundación Juana de Vega lanza o programa de apoio a emprendedores e empresas do sector agroalimentario, forestal, marisqueiro e pesqueiro galego PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 12 Novembro 2020 12:32

Formación Agro A Fundación Juana de Vega lanza o programa de apoio a emprendedores e empresas do sector agroalimentario, forestal, marisqueiro e pesqueiro galego. Este ano co obxectivo de adaptarse ás novas necesidades provocadas pola COVID-19, a Fundación ampliou o programa acollendo, ademáis de emprendedores, autónomos e MIcroPEMES, a PEMES de certo volumen que queiran poner en marcha novos proxectos estratéxicos ou que precisen de reformas internas e faino estruturando o programa en dous modalidades.



Emprendemento: axudar aos emprendedores a desenvolver as súas ideas empresariais, convertelas en proxectos empresariais e realizalas en empresas reais, innovadoras e competitivas.

Crecemento e Consolidación: axudar a empresas existentes (autónomos, MicroPEMES e PEMES) a desenvolver e/ou consolidar os seus proxectos empresariais tratando de mellorar o seu funcionamento mediante a tutorización na toma de decisións en distintos ámbitos do negocio.

Poderán participar en calquera das modalidades do IX PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS, tanto as empresas xa existentes como as novas iniciativas empresariais nos campos agroalimentario, forestal, marisqueiro e pesqueiro, ou outros sectores relacionados cos anteriores, que se desenvolven no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia.

Poden participar na modalidade de emprendemento aqueles que queiran crear novas empresas ou iniciar iniciativas empresariais:

  • Empresas de recente creación ou lanzamento.
  • Sucesión e recuperación de empresas e explotacións familiares.
  • Proxectos para mellorar o valor de activos rurais improdutivos.

Os candidatos deben ser maiores de idade, residentes en Galicia, cun bo nivel de xestión do paquete Microsoft Office, buscadores en internet, algo de coñecemento do sector e sobre todo, cunha alta participación no seu proxecto.

Poderán participar na modalidade de Consolidación aquelas empresas que estean en funcionamento e precisen:

  • Realizar unha revisión da súa definición e organización estratéxica.
  • Realizar unha análise da entorna ou investigación comercial.
  • Crear un plan de marketing ou plan de comercial.
  • Desenvolver unha estratexia online.
  • Realizar unha análise de operacións e mapas de valor.
  • Revisar os seus plans de financiamento.
  • Realizar un estudo económico e / ou mellorar o seu control de xestión.
  • Valoraranse outros enfoques de mellora que correspondan a aspectos estratéxicos da empresa.

Será un requisito indispensable que os proxectos teñan un responsable de desenvolvemento dentro da empresa, que será o encargado de participar no programa.

En cada unha das modalidades, seleccionaranse empresas ou emprendedores tendo en conta o seu grao de compromiso ou implicación coa iniciativa empresarial, a orientación ao mercado e o seu compromiso de poñer en valor os recursos do territorio.

INSCRÍBETE!

programa.juanadevega.org

PRAZO ABERTO ATA O 30 DE NOVEMBRO DE 2020

Para máis información consulta as bases do programa en: programa.juanadevega.org

 
EBC


Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>