Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas ACTUALIZACIÓN | A Consellería de Sanidade dita novas restricións no Concello de Verín para reforzar o control da Covid 19
ACTUALIZACIÓN | A Consellería de Sanidade dita novas restricións no Concello de Verín para reforzar o control da Covid 19 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 14 Outubro 2020 21:47

 Logo da reunión do Subcomité clínico de expertos sanitarios, á vista da situación epidemiolóxica no noso municipio, acordouse elevar a nivel 3 as restricións no Concello de Verín.

As restricións impostas a Verín (que entrarán en vigor a partir do xoves as 00:00 horas) son as mesmas que xa están en vigor noutras localidades galegas.

Manteñense as restricións en canto a:

-  Prohibición das xuntanzas de persoas non convivintes, tanto en espazos de uso público como en espazos privados.

-  Limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería, onde ademais estará prohibido o consumo en barra.

-  Redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto

Novas restricións:

Prohibido Servir en interior de bares e cafeterías. (En Verín non está dispoñible tampouco o servizo en terraza)

Máximo 5 persoas por mesa en restaurantes, e só conviventes.


IMPORTANTE: No Concello de Verín NON existe ningún tipo de restricción de mobilidade.


Consulta todas as medidas no Diario Oficial de Galicia do 14 de outubro: https://cutt.ly/ygdYukg

Neste documento explican que en #Verín débense aplicar as medidas do Anexo II da publicación do DOG do día 7 de outubro: https://cutt.ly/5gdMwxT

Estas medidas serán reavaliadas en función da evolución da situación epidemiolóxica nomunicipio. Dende o Concello de Verín pedimos responsabilidade e #sentidiño a todos os veciños e veciñas.

Está nas nosas mans. Sigamos as recomendacións das autoridades sanitarias.

#FainoPorTi #fainoportodos

Lembra a norma das 3 M

Máscara

Mans limpas

Manter a distancia de seguridade


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>