Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O actor gañador dun Goya recibiu a homenaxe da organización do FIC Vía XIV 2020
O actor gañador dun Goya recibiu a homenaxe da organización do FIC Vía XIV 2020 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 11 Setembro 2020 20:18

O prolífico actor galego Luis Zahera, con ampla experiencia en cinema, televisión e teatro e gañador dun Premio Goya ao Mellor Actor de Reparto en 2018 por El Reino, reinou hoxe en Verín ao lograr colgar o cartel de completo no Auditorio, onde interviu no marco da homenaxe que a organización do FIC Vía XIV lle rendeu. Deste xeito, Zahera recolleu a testemuña de Mabel Rivera, a actriz que foi recoñecida na anterior edición do certame.


No acto de homenaxe, o propio Zahera departiu cos asistentes sobre a súa traxectoria e destacou que as mostras de agarimo son moi agradecidas, sobre todo no contexto actual, ao que se referiu como “raro para a cultura”.

Zahera coincidiu coa organización do FIC na premisa que se leva defendendo ao longo de toda a semana dende Verín: a de que a cultura e o entretemento non poden deterse, posto que se tornaron “máis necesarios ca nunca” durante a situación provocada polo estado de alarma e o confinamento.

Selección de curtas

O público que acudiu ao Auditorio a presenciar a homenaxe a Zahera puido desfrutar do visionado dunha selección de curtas nas que este participou como actor. Os títulos elixidos foron El premio, Marina, O Matachín e Planeta azul.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>