Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Estrea en Verín de Hijas de Galicia, Macorinas, un documental que busca saldar unha débeda histórica
Estrea en Verín de Hijas de Galicia, Macorinas, un documental que busca saldar unha débeda histórica PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 10 Setembro 2020 09:10

Como parte da axenda da actividades paralelas da vindeira edición do FIC Vía XIV, Verín acolleu hoxe a estrea do documental histórico Hijas de Galicia, Macorinas, dirixido por Xosé Lois Santiago “Pello” e Fran Naveira. Trátase dun traballo que busca saldar una débeda histórica sobre un asunto en torno ao cal ata agora se gardara silencio:  a historia de explotación sexual á que se viu sometida unha parte da emigración feminina galega a Cuba, a comezos do século XX.

O documental narra a historia da asociación “Hijas de Galicia”, formada por esas mulleres emigradas galegas e pon de manifiesto diversas historias de protagonistas que sufriron enganos para entrar a formar parte das redes de prostitución cubana no inicio do século pasado.

“A situación non deixa de ser similar á doutras mulleres que hoxe en día emigran á nos aterra, ou a outros lugares, e rematan desempeñando a mesma función, sendo explotadas por mafias sexuais”, destaca o co-director documental, Xosé Lois Santiago “Pello”. “O noso medio inicial ao chegar a La Habana era non atopar suficiente información sobre o tema. Pero isto esvaeceuse cando comezamos a falar cos nosos asesores e contactos”, engade.

“A partires dese momento, un mundo que ata entón estivera agochado, saiu á luz e afloraron diversas testemuñas que recollemos nas nosas visitas á illa”, destaca o co-autor desta obra, de 65 minutos de duración, que foi gravada en Cuba entre os anos 2012 e 2019.

Un experto dende La Habana

Dende La Habana, e mediante streaming, participou en directo na presentación do documental -que esta tarde tivo lugar en Verín- o experto Julio César González Pagés, doutor en Ciencias Históricas e profesor Adxunto Asistente da Facultade de Filosofía e Historia da Universidad de La Habana, unha das voces autorizadas que contribuíu coas súas achegas a perfilar este traballo audiovisual.

 
EBC


Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Buzón do Cidadán

IOP

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>