Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O FIC Vía XIV de Verín arrinca este sábado súa quinta edición con 39 curtas a concurso
O FIC Vía XIV de Verín arrinca este sábado súa quinta edición con 39 curtas a concurso PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 03 Setembro 2020 15:44

 A quinta edición do Festival Internacional de Curtas FIC Vía XIV de Verín arrinca este sábado e prolongarase ata o vindeiro 13 de setembro. Serán oito días nas que a maxia do cinema e un bo número de actividades paralelas relacionadas directa e indirectamente con este ámbito encherán de cor e vida o Auditorio, espazo central no que se desenvolverá o certame.


O FIC Vía XIV 2020 foi presentado esta mañá no Auditorio de Verín nun acto no que participaron o alcalde da vila, Gerardo Seoane; a concelleira de Cultura, Emilia Somoza; a deputada provincial, Ana Villarino e o director do festival, Carlos Montero. Durante a presentación o alcalde de Verín puxo en valor que a organización do Festival “ten deseñado un protocolo de seguridade, tendo en conta o contexto sociosanitario actual” e fixo un chamamento a todos e a todos a “cumprir as normas e esixencias que se implementarán neste sentido”.

Pola súa banda, a concelleira sinalou que “malia a situación actual, a cultura non debe deterse” e destacou a singularidade do FIC Vía XIV como “un dos motores culturais de Verín, plenamente asentado na axenda de ocio e lecer da vila”.

Actividades paralelas

Entre as actividades paralelas máis significativas destaca, por exemplo, a visita do actor Luis Zahera, recentemente premiado cun Goya ao Mellor Actor de Reparto por El Reino. Departirá co público o venres 11. Ao longo da semana sucederanse, ademais, actividades diversas e estreas como a dos documentais Entroidar e Hijas de Galicia, Macorinas.

Xunto a isto, o humor de Frei Chitín non deixará a ninguén indiferente na tarde-noite do luns e a Banda de Gaitas  Nova Era de Verín, presentada por Pepe Coira, porá este domingo música á curta O carro e o home. O Festival Convidado será o Play-Doc de Tui e tamén se poderá ver en Verín o documental realizado por tres mozos da vila que percorreron en autocaravana a distancia que separa a nosa Galicia da Galitza de Polonia e que leva por título Caminos de Tierra.

No plano concursal participan 39 curtas dunha vintena de nacionalidades, coidadosamente seleccionadas no marco das catro categorías habituais do FIC (Horizontes, A Raia, Nova e Outra Mirada). Moitos dos traballos que se poderán ver en Verín veñen xa de obter distincións en premios en foros de renome nacional e internacional.

Un exemplo disto constitúeo a curta Xoves de Comadres, de Noemí Chantada, programada na sección oficial do FIC deste ano e que vén de obter a Biznaga de Prata Premio do Público no Festival de Málaga á mellor curtametraxe e mención especial do xurado na sección oficial de curtas de ficción. Tamén Carne, de Camila Kater, que poderá verse en Verín estes días, obtivo unha Biznaga de Prata á mellor curtametraxe documental.

Tamén poderán verse en Verín, dentro da categoría Outra Mirada, traballos documentais de autores locais tales como Feitizo ou Fachucos.

Pantalla e streaming

Entre as principais novidades que se acometen este ano na V edición do Festival, destaca a habilitación dunha pantalla na Praza Maior de Verín para poder seguir algunhas das actividades paralelas, que tamén se emitirán a través de streaming.

Protocolo anti-Covid

Dende a organización do FIC Vía XIV, porase en marcha ademais un protocolo con medidas preventiva fronte á Covid-19 de cara a esta edición do certame, que inclúe desinfección rigorosa de espazos tras cada actividade. Habilitaranse tamén dispensadores de xel hidroalcólico para que poidan ser empregados polos asistentes e o aforo de butacas garantirá o cumprimento da distancia social requirida. Axeitarase, neste sentido, o aforo do Audiotiro á distancia de seguridade e reduciranse localidades.

Xunto a isto, o acceso e desaloxo de espazos efectuarase de xeito progresivo e controlado polo persoal de acomodación do certame. Paralelamente, marcaranse diferentes zonas de acceso e saída para acudir a actividades evitando así a aglomeración de persoas e non se repartirán trípticos, folletos ou programas de man en formato físico.

Toda a información do certame está dispoñible de forma online en www.ficviaxiv.com.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>