Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Ludoteca-Campamento Urbano 2020 continúa a súa actividade cargada de actividades e baixo estritas medidas de seguridade
A Ludoteca-Campamento Urbano 2020 continúa a súa actividade cargada de actividades e baixo estritas medidas de seguridade PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 19 Agosto 2020 11:37

 Os nenos e nenas da ludoteca de Verín continúan gozando dunha completa axenda de actividades variadas, sempre cumprindo con todas as medidas de seguridade estipuladas para previr a propagación do virus da COVID-19 (xeles hidroalcohólicos, uso da máscara, a disposición de alfombras desinfectantes e a comprobación da temperatura tanto á entrada como á saída).

Nas últimas semanas, os menores participaron en moitas e atractivas actividades como: a creación de xices de cores e pinturas caseiras, construción de cabañas, rutas en bici, xincana por Verín, elaboración de barcos con material de reciclaxe, creación de botes da calma e botes de mar, xogos de auga, elaboración de obras de arte, creación de marionetas, contacontos e multitude de xogos variados.

A Ludoteca de Verán – é un espazo destinado a menores, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, o Campamento Urbano destinado a menores de 11 a 14 anos  que se realizará nas instalacións dos CEIP Amaro Refoxo, Módulos, Colexio María Inmaculada e Princesa de España,  e nas dependencias municipais Pavillón da Granxa e Pavillón de Deportes. Este ano, como novidade utilizaranse outros espazos a maiores como poden ser as instalacións cedidas polo colexio María Inmaculada.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>