Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Hijas de Galicia, Macorinas, un documental que conta a historia dunha parte da emigración feminina galega emigrada a Cuba, proxectarase no marco do FIC Vía XIV
Hijas de Galicia, Macorinas, un documental que conta a historia dunha parte da emigración feminina galega emigrada a Cuba, proxectarase no marco do FIC Vía XIV PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Agosto 2020 15:10

Como parte da axenda de actividades paralelas da vindeira edición do FIC Vía XIV, Verín acollerá a proxección do documental histórico Hijas de Galicia, Macorinas, dirixido por Xosé Lois Santiago “Pello” e Fran Naveira. Trátase dun traballo que conta a historia de explotación dunha parte da emigración feminina galega a Cuba, establecendo analoxías con situacións que acontecen na actualidade con migrantes en diferentes partes do mundo.

O documental conta a historia da asociación “Hijas de Galicia”, formada por esas mulleres emigradas galegas e pon de manifesto diversas historias de protagonistas que sufriron enganos para entrar a formar parte da prostitución cubana a comezos do século pasado.

“A situación non deixa de ser similar á doutras mulleres que hoxe en día emigran á nosa terra, ou a outros lugares, e rematan desempeñando a mesma función, sendo explotadas por mafias sexuais”, destaca o co-director do documental, Xosé Lois Santiago “Pello”.

Tal e como relata “Pello”, obter información, datos e imaxes destas mulleres emigrantes galegas tornouse un labor moi complicado, debido principalmente ao escurantismo e ás doses de vergoña que acarrexa o concepto de prostitución.

Expertos e testemuñas

“Cando abordamos o desenvolvemento deste proxecto puxémonos en contacto con investigadores; tanto galegos coma cubanos; estudosos, expertos e testemuñas directas e indirectas deste asunto”, abonda “Pello”. “O noso medo inicial ao chegar a La Habana era non atopar suficiente información sobre o tema. Pero isto desvaneceuse cando comezamos a falar cos nosos asesores e contactos”, engade.

“A partir dese momento, un mundo que estivera agochado saiu á luz e afloraron diversas testemuñas que recollemos nas nosas visitas a illa”, destaca o co-autor desta obra, de 65 minutos de duración, que foi gravada en Cuba entre os anos 2012 e 2019.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>