Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín abre as piscinas municipais descubertas coas novas medidas de seguridade anti covid-19
O Concello de Verín abre as piscinas municipais descubertas coas novas medidas de seguridade anti covid-19 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 30 Xuño 2020 13:48

Piscinas Municipales Devanditas instalacións municipais reabrirán o próximo mércores 1 de xullo.

A concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior, Rosario Rodríguez anunciou esta mañá que as piscinas públicas descubertas do complexo deportivo da Granxa abrirán mañá mércores, 1 de xullo. Este ano cunha serie de modificacións no seu uso, destinadas a garantizar a seguridade dos seus usuarios e atendendo ás actuais indicacións sanitarias.

O aforo total permitido das instalacións será de 300 persoas, en horario de 12:00 a 20:00 horas. Haberá un corredor de entrada e saída diferenciados para a instalación, sendo obrigatorio o uso de máscara na zona de recepción e vestiarios. Nestes últimos, as duchas non estarán dispoñibles. Asi mesmo, reforzarase a limpeza e desinfección das instalacións para cumprir co esixido pola lexislación vixente en materia de Covid-19.

Haberá dispensadores de xel desinfectante nas devanditas zonas, así como unha alfombra na entrada para desinfectar o calzado da rúa. Aínda así será obrigatorio utilizar calzado de piscina ( chanclas) na zona de praia.

As instalacións terán unha sinalización coa normativa que ha de respectarse en todo momento, tanto por medio de marcas no chan como por sinais verticais informativos. Ademais débese cumprir con aquelas indicacións que poidan dar os empregados, que vixiarán en todo momento que se cumpra coa normativa.

Será obrigatorio manter sempre a distancia de seguridade, tanto fose como dentro da auga, excepto as unidades familiares que convivan xuntos e persoas que por motivos de saúde necesitasen dunha persoa para asistilas.

Nas zona de baño (piscinas) haberá entradas e saídas diferenciadas, sendo o uso da ducha obrigatorio antes de acceder ás mesmas. Asi memo, na zona de praia haberá corredores habilitados para o tránsito e zonas habilitadas de praia, ambas as zonas sinalizadas. Non estara permitido o uso de xoguetes ou outros obxectos de entretemento.

Rosario Rodríguez quixo lembrar que «a apertura de piscinas non implica que os cidadáns deban baixar a garda co coronavirus» e sinalou que «os cidadáns teñen a obrigación de acatar as medidas implantadas para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade da Covid-19.»

 


 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac