Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas BANDO: Estrea do filme María Solinha de Ignacio Vilar no Autocine de Verín
BANDO: Estrea do filme María Solinha de Ignacio Vilar no Autocine de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 19 Xuño 2020 10:17

 GERARDO SEOANE FIDALGO, Alcalde do Ilustrísimo Concello de Verín (Ourense), FAGO SABER:


Que con motivo da instalación do Autocine no que se estreará o filme “María Solinha” o vindeiro domingo días 21 de xuño, e para asegurar o bo desenvolvemento da mesma, o ESTACIONAMENTO QUEDARÁ RESTRINXIDO no Aparcadoiro Libre Gratuito nº 8 (entrada pola Avda. de Portugal xunto ao nº 30) dende as 10:00 horas do propio domingo 21 ata as 07:00 horas do luns 22 de xuño.

Esta restrición non afectará a zona de estacionamento á cal se accede dende a Avda. Luis Espada. Non obstante, a saída deberá realizarse polo mesmo acceso, en dirección Avda. Luis Espada, para evitar atravesar a zona de proxección.


Pregamos a súa colaboración e esperamos que perdoen as molestias que se poidan ocasionar polas medidas adoptadas.

O que fago público para xeral coñecemento.



En Verín, a 18 de xuño de 2020.

O Alcalde

Gerardo Seoane Fidalgo

DOCUMENTO ASINADO DIXITALMENTE


 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac