Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Á venda este luns as entradas para a estrea da película “María Solinha” de Ignacio Vilar no autocine de Verín
Á venda este luns as entradas para a estrea da película “María Solinha” de Ignacio Vilar no autocine de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 12 Xuño 2020 13:22

O vindeiro luns, ábrese a venda de entradas para a proxección da película “María Solinha” de Ignacio Vilar, que se estreará no autocine de Verín o vindeiro domingo 21 de xuño. Devanditas entradas, que terán un prezo de 8 euros, estarán dispoñibles en ataquilla.com, podendo ir os vehículos totalmente ocupados.

A entrada ao parking central de Verín realizarase pola entrada da Avenida de Portugal (fronte ao concello) de xeito único, quedando as restantes habilitadas para saídas de emerxencia e servizos. Os vehículos autorizados -que poden ir totalmente ocupados- son só automóviles e 4x4, quedando exluidas furgonetas e autocaravanas por motivos de visibilidade entre filas.

A gala de estrea precederá á proxección da película. Dende as 21.30 os actores e actrices e o director estarán presentes para realizar as sesións fotográficas co público, e a partir das 22.30 comezará a gala de inauguración. Ás 23:00 comezará a película propiamente dita.

A estrea mundial da última película do director galego Ignacio Vilar,  "María Solinha", servirá para inagurar un novo xeito seguro de disfrutar do cine en Verín, mantendo a distancia e totalmente protexidos en candaseu coche. As entradas poranse á venda próximamente en ataquilla.com e

A recadación estará destinada íntegramente para fins solidarios, concretamente para as actividades de apoio que a asociación Portas Abertas ven realizando cos máis desfavorecidos pola crise social e sanitaria do Covid.

Menús autocine

Os hosteleiros de Verín servirán nesta sesión piloto os seus menús a través da app Rumbo Verín que teñen desenvolto cun servizo propio a domicilio. Dende ela, baixo reserva ou no momento, poderán solicitar o menú autocine ou acceder a carta completa que cada esablecimento teña na app, a través dun código Qr.

Os asistentes poderán realizar os seus pedidos á hostelería local durante todo o tempo. Dende o Concello de Verín lembran que non se poderá aparcar no parking central dende o sábado 20 de xuño, data en que quedará acotada a zona para o autocine.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>