Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín retoma o vindeiro luns os mercados ao aire libre de produtos agrícolas e de alimentación
Verín retoma o vindeiro luns os mercados ao aire libre de produtos agrícolas e de alimentación PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 09 Maio 2020 00:00

 O vindeiro luns 11 de maio, o Concello de Verín acollerá no parque da Alameda o seu primeiro mercado ao aire libre desde a entrada en vigor do actual estado de alarma. De acordo coa normativa exposta pola consellería do Medio Rural, o mercado será só de produtos agrícolas e de alimentación.

 Segundo confirmou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, os postos estarán separados por unha distancia de 6 metros, o que facilitará aos usuarios e usuarias do mercado respectar a distancia mínima de separación de 2 metros entre cada persoa. Do mesmo xeito, dentro dun mesmo posto as persoas vendedoras  deberán gardar entre si unha distancia  mínima de 2 metros, quedando restrinxida a actividade comercial a un único operador no caso de que as medidas do posto non fagan posible esta separación física. Será indispensable o uso de luvas para tocar os produtos en venta.

 A Policía Local será a responsable de vixiar que se respecte a distancia mínima persoal, evitando calquera contacto social que non teña por obxecto a compravenda. Tamén serán os encargados de regular o acceso ao mercado para evitar as aglomeracións.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>