Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Afundación doa unha importante cantidade de mascarillas á Policía Local de Verín
Afundación doa unha importante cantidade de mascarillas á Policía Local de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Abril 2020 11:44

Afundación, a Obra Social de ABANCA, a través do seu Colexio Hogar, o centro de formación profesional situado en Vigo, fixo chegar  Policía Local de Verín unha importante cantidade de mascarillas de primeira barreira de protección.

Segundo destacou Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación e director xeral de  RSC e Comunicación de ABANCA, devaditas mascarillas envíanse no contexto da crise sanitaria provocada pola  COVID-19  para que  poidan utilizalas no corpo de seguridade do  Concello «no seu imprescindible labor de velar pola seguridade cidadá, coidando con elas, aos seus profesionais que cada día expóñense ao virus a fin de ofrecernos amparo e garantías».

Esta iniciativa de Afundación, impulsada a pedimento dos docentes do departamento de Artes Gráficas do Colexio Hogar, coñecido como A Cociña Gráfica, e cuxo taller de impresión dixital é un referente a nivel estatal, vén desenvolvendo desde o pasado venres 20 de marzo, cando se recibiu a validación de seguridade sanitaria pertinente, tras someter a exame o prototipo de máscara realizado. Desde o inicio da produción, ata hoxe, xa enviaron a diferentes organismos e entidades máis de 19.000 máscaras e 3.500 pantallas faciais para contribuír na loita contra a pandemia.

Afundación, a Obra Social de ABANCA, é unha entidade socialmente comprometida que, nesta complexa etapa de excepcionalidade, séguese implicando para continuar á beira da cidadanía. Neste caso, mediante a reconversión das súas actividades orixinais para axudar en momentos de dificultade de subministración de materiais. Afundación seguirá traballando para contribuír ao avance e á mellora da nosa sociedade.

O Concello de Verín quere agradecer publicamente as múltiples doazóns de material de protección ante o Coronavirus, que, como a realizada por Afundación está a recibir de distintas empresas e colectivos e que están a ser distribuídas a través da Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil aos colectivos que máis o necesitan.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>