BANDO | Medidas de contención para evitar a propagación do coronavirus COVID-19 |
Venres, 13 Marzo 2020 11:19 |
DIEGO LOURENZO MOURA, ALCALDE EN FUNCIÓNS DO ILMO. CONCELLO DE VERÍN FAGO SABER: Que ante a situación sanitaria actual en relación co COVID-19, e en consonancia coas disposicións adoptadas no día de onte pola Xunta de Galicia, adóptanse as seguintes medidas preventivas que entran en vigor dende o momento da sinatura do presente bando e perdurarán ata novo aviso:
1º.- Suspender todas as actividades públicas de carácter institucional, social, deportivo e cultural. 2º.- Peche das instalacións municipais (Pavillóns de Deportes, Piscina Municipal, Biblioteca, Museo, Auditorio, Casa da Cultura, Sala de Exposicións, Oficina de Turismo, Centro de Día, Escola de Artes e Oficios, Conservatorio e Escola da Banda de Gaitas). 3º.- Limítase a atención ao público nas dependencias municipais en casos de urxencia ou necesidade improrrogable (Casa do Concello, Casa da Xuventude -sede de Servizos Sociaise oficinas da Policía Local) sempre priorizando a atención telefónica e telemática – correo electrónico ou sede electrónica-. 4º.- Recoméndase limitar as concentracións de persoas en espazos públicos (parques e zonas de recreo) así como terrazas, oficios civís e relixiosos. Pregamos a súa colaboración. Entre todas e todos seremos capaces de superar a situación actual se seguimos as recomendacións, directrices e ordes da autoridade sanitaria. Con tranquilidade, sen medo pero con precaución. O que fago público para xeral coñecemento. Verín, 13 de marzo de 2020. O Alcalde en funcións Diego Lourenzo Moura |