Creación do Banco Local de Aluger Empresarial |
Xoves, 12 Xuño 2008 12:48 |
A partir do próximo 15 de xuño, o Concello de Verín porá en marcha a creación do Banco Local de Aluguer Empresarial. Esta iniciativa permitirá que os interesados en ofrecer locais teñan no Concello un servizo gratuíto para a súa divulgación; e que os demandantes, unha ampla oferta centralizada onde escoller a que mellor se adapte as súas demandas. A creación do Banco Local de Aluger Empresarial é unha iniciativa pública, que non busca subsituír, en absoluto, ás empresas do sector dedicadas ao aluguer, senón complementala coa creación dunha ampla base de datos que permita ofrecer información aos empresarios interesados en instalarse no municipio de Verín.
Esta actuación atópase englobada dentro do Plan director municipal de incentivo ao emprendedor, atracción de inversión externa e consolidación do empresariado, que ten como directrices fundamentais: incorporación das novas xeracións ao mundo empresarial, rexeneración socioeconómica, fixación da poboación e necesidade de desenvolvemento da actividade económica. Por outra parte, desde o Concello de Verín e a Cámara Municipal de Chaves recórdase a realización de seminarios de dinamización empresarial co fin de conceptuar, de modo personalizado, a idea de negocio ata a colocación no mercado. Os sectores e datas para a realización dos seminarios, dun día de duración e sen custo algún, son as seguintes:
Todos os interesados en participar deberán dirixirse á Axencia de Promoción Económica, situada no primeiro piso do Concello de Verín, no mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 988-410000.
|