Pleno extraordinario |
![]() |
![]() |
![]() |
Luns, 11 Maio 2009 11:06 |
O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión extraordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:
1. - Aprobación, se procede, do borrador da acta de sesión ordinaria de data 27.4.2009 (Acta nº 4/2009). 2. - Dar conta da renuncia como concelleira de Mª Carmen Pardo López. 3. – Sorteo membros mesas electorais Eleccións ao Parlamento Europeo 2009. Tras aprobar o primeiro punto por unanimidade, o alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán deu conta da renuncia de María del Carmen Pardo López como concelleira do grupo popular, debido á incompatibilidade co seu cargo no executivo galego, como Secretaria Xeral para o Turismo. Todos os portavoces dos grupos políticos agradeceron a súa labor durante estes dous anos destacando “a súa valía persoal e política”, segundo sinalou Juan Carlos Francisco Rivera, portavoz do PSdeG-PSOE, e amosaron a súa satisfacción por este nomeamento. Ademais, efectuouse o sorteo dos membros das mesas electorais ás eleccións ao Parlamento Europeo do próximo 7 de xuño. Con posterioridade, desenvolveuse outra sesión plenaria extraordinaria urxente, aprobada por unanimidade tanto na súa ratificación de urxencia como na votación posterior, para renovar o convenio de colaboración do Concello de Verín co Verín Club de Fútbol e a aportación da correspondente axuda económica, por importe de 36.000 euros, para os gastos de devandito equipo. |