Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Realización de obradoiros e seminarios
Realización de obradoiros e seminarios PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 Novembro 2008 14:04

Durante o mes de decembro, a localidade de Verín acollerá a realización dos obradoiros 'Atrévete a innovar' e 'Seminarios de Mellora Empresarial para o comercio en activo e as Micropemes'.

- 'Atrévete a innovar', organizado por Proxectos Consultoría e Formación, en colaboración co Concello de Verín. Neste seminario gratuíto, que terá lugar o 16 de decembro, a partir das 16 horas na Casa da Cultura, abordarase o reto da innovación dende un enfoque práctico, e se lles presentará ás empresas conceptos e ferramentas útiles que lles permitan afrontar o proceso de cambio cara a unha cultura empresarial aberta á creatividade e á innovación. A convocatoria está dirixida ao personal directivo ou técnico das empresas, así como a outros axentes socioeconómicos do territorio, e consta de dos módulos: innovación como ferramenta de competitividade empresarial e visión práctica da innovación na empresa.

- 'Seminarios de Mellora Empresarial para o comercio en activo e as Micropemes'. Organizado por IGAPE e BIC Galicia, en colaboración con AEVER e o Concello de Verín, está destinado a empresarios, profesionais independientes, autónomos e técnicos responsables que desexen mellorar os seus coñecementos e aptitudes de xestión empresarial. Os seminarios propostos son:
* Nova lei de horarios comerciais (1,5 horas).
* Arbiraxe e follas de reclamación (1,5 horas).
* Rebaixas, ventas especiais, promocións e liquidación (4 horas).
* Contabilidade e finanzas para non financieiros: Xestión financieira práctica (4 horas).
* Como mejorar as ventas do meu negocio a través da páxina web (4 horas).
* As obligacións do empresario autónomo e do pequeño comercio (8 horas).

Todos eles, gratuítos, constan de 15 a 20 prazas e impartiranse no novo local de AEVER (R/ Pedro González Prada, nº 5). Para máis información e inscrición deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada na 1ª planta do Concello de Verín.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID Definitivo

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>