XV Escola de Verao das áreas artísticas da Comarca de Monterrei |
Xoves, 18 Setembro 2008 13:41 |
Entre os días 22 e 27 de setembro a Escola Municipal de Artes e Oficios de Verín acollerá a celebración da “XV Escola de Verao de Áreas Artísticas - Comarca de Monterrei”. Devandita actividade conta con 100 prazas e está destinada a docentes de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma Galega, que deberán abonar unha matrícula de 30 euros.
Durante 25 horas os asistentes recibirán, mediante cursos e obradoiros, formación en aproveitamento didáctico das conmemoracións anuais, é dicir, días e festas populares do ciclo anual, e de cantigas e actividades lúdicas para infantil, primaria e secundaria. O desenvolvemento de devandita actividade, que conta coa colaboración do Concello de Verín, está organizada polo Movemento de Renovación Pedagógica da Associaçiâo Socio-Pedagógica Galaico-Portuguesa. |